Guillermo Díaz Ibáñez, nado o 9 de maio de 1993 en Madrid, é un youtubeiro, streamer e empresario español máis coñecido como Willyrex. Ten dúas canles de YouTube: Willyrex e TheWillyrex. En novembro de 2017, a súa canle de YouTube, TheWillyrex tiña máis de 12 millóns de subscritores e 4,35 billóns de visitas, sendo a terceira canle con máis seguidores en España e a 75 en todo o mundo. En maio de 2026, subiu a 18 millóns de subscritores e 7,33 billóns de visitas, pero xa non estaba entre os 10 primeiros.
Traxectoria De acordo con Díaz, comezou orixinalmente a súa canle de YouTube para compartir gameplays cos seus amigos. O seu alcume Willyrex era un nome empregado en messenger cando tiña 11 anos. Escolleu willy por ser o diminutivo en inglés do seu verdadeiro nome e rex por ser o termo en latín para rei. Díaz comezou a estudar un grao en Administración de Empresas mais abandonou poucos meses despois de comezar co obxectivo de centrarse na súa canle de YouTube a tempo completo.
En 2014 mudouse ós Ánxeles xunto ao seu amigo Vegetta777. A principios de 2016, mudouse a Andorra.
Libros Xunto co seu compañeiro youTuber Vegetta777, publicou unha serie de libros baixo o título Wigetta:
Wigetta: Un viaje mágico (2015), ISBN 978-8499984636 Wigetta y el báculo dorado (xaneiro de 2016) Wigetta y el antídoto secreto (maio de 2016) Wigetta y los gusanos guasones (novembro de 2016) Wigetta en las Dinolimpiadas (marzo de 2017) Wigetta en el planeta Mimisikú (xullo de 2017) Wigetta y los secretos del cuerpo humano (xuño de 2018) Wigetta y el tesoro de Chocatuspalmas (agosto de 2018) Mi primer Wigetta. ¿Quién ha puesto este huevo? (outubro de 2018) Wigetta y el cuento jamás contado (outubro de 2018) Wigetta y la isla de Mumúchumu (novembro de 2018) Wigetta y la momia de Ra-mon (abril de 2019) Wigetta y el mundo de Trotuman (novembro de 2019) Wigetta. Viegetta y Babyrex (2021)
Xogos Willyrex e os seus compañeiros Vegetta777 e sTaXx desenvolveron un xogo móbil para dispositivos Microsoft, Android e iOS chamado Karmarun, que foi descargado máis de 2 millóns de veces.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Vegetta777 El Rubius
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1993 Categoría:Personalidades de YouTube