Zona Press é unha revista especializada no baloncesto galego fundada en outubro de 2012. O seu director e promotor é Oscar Losada Castro. A súa periodicidade é anual, cun número por temporada, aínda que na temporada 2016/2017 se publicaron dous números. Historia e características Os seus contidos céntranse nas ligas ACB, LEB Ouro e Prata e Liga Feminina e LF2 por seren nas que máis equipos galegos de elite compiten, prestándolle tamén especial atención á liga de baloncesto en cadeira de rodas. A súa distribución realízase en librarías e nos pavillóns do Obradoiro, do COB Ourense, do Breogán e do Básquet Coruña, e organiza unha entrega de premios anual en que galardoa as mellores profesionais e clubs de baloncesto de Galicia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Facebook

Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Medios de comunicación de Galicia Categoría:Revistas deportivas Categoría:Revistas editadas en Galicia