A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.
Xeografía Situación Esta comarca de 450,39 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.
Demografía
En 2020 a poboación era de 23.659 habitantes, dos cales 20.351 vivían no concello da Estrada, o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes está a ser unha zona onde a sangría demográfica é constante: entre 1981 e 2016 a comarca perdeu de 13.474 habitantes (un terzo da poboación).
Padrón municipal 2020 23.659 habitantes Menores de 15 anos 2.611 (11,04 %) Entre 16 e 64 anos 13.937 (58,91 %) Maiores de 65 anos 7.111 (30,06 %)
Os lugares máis poboados da comarca no 2020 eran os seguintes:
LugarPoboaciónA Estrada8.386Figueiroa de Arriba963Forcarei468Soutelo de Montes405Berres156Os Bolos147Godoi-Carricova e Fondevila112Renda e Traspedra101
Historia A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede episcopal de Iria Flavia. En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Orraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca. En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.
Concellos
Política e goberno
Escanos tras as eleccións de 2023 ConcelloPPdeGPSdeG-PSOEBNGMOVETEForcareinon presenta candidaturaA EstradaTotal
Alcaldías tras as eleccións de 2023
PartidoNúmero alcaldíasConcellos no que gobernaPPdeGA Estrada, Forcarei (tras a moción de censura en xullo de 2025)
Escanos tras as eleccións de 2019 Tras as eleccións municipais do ano 2019, o PP gobernou o concello da Estrada mentres que o PSdeG-PSOE o de Forcarei. +ConcelloPPdeGPSdeG-PSOEBNGMOVETEBNG-Foro ForcareiCompromiso por GaliciaForcareicoalición con Foro Forcareinon presenta candidaturanon presenta candidaturaA Estradanon presenta candidaturaTotal
Alcaldías tras as eleccións de 2019 +PartidoNúmero alcaldíasConcellos no que gobernaPPdeGA EstradaPSdeG-PSOEForcareiminiatura|135x135px|Partidos na alcaldía dos concellos que formaban a Comarca de Tabeirós - Terra de Montes tras as eleccións municipais do ano 2015. Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Tabeirós - Terra de Montes''
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Asociación Amigos da Terra de Montes
Tabeirós - Terra de Montes, Comarca de