Herminia Elena Josefa Rodríguez-Borrell Feijóo, nada en Camariñas en 1897 e finada o 18 de febreiro de 1971, foi unha muller da alta burguesía galega coñecida polo seu casamento en 1922 co magnate Nubar Gulbenkian, fillo do filántropo Calouste Gulbenkian.
Traxectoria miniatura|Tumba de Herminia Borrell no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Herminia Borrell era filla do albanel de Camariñas emigrado en Cuba Máximo Rodríguez Borrell e María Luisa Feijóo, filla do militar ao cargo do enxeño azucreiro onde aquel traballaba. Destacou entre os círculos de sociedade coruñeses e a súa festa de posta de longo celebrouse no Pazo de Meirás, grazas á anfitrioa Emilia Pardo Bazán.
Malia as reservas por parte das dúas familias, Herminia Rodríguez-Borrell Feijoo e Nubar Gulbenkian casaron en Londres na Prince's Row Registry Office en 1922. Á cerimonia só asistiu a nai de Herminia e a súa tía Lala. O acto relixioso polo rito armenio tivo lugar nunha das habitacións do Ritz en Londres, hotel onde a parella se aloxou durante o primeiro ano de casados. Pola súa oposición ao matrimonio, Gulbenkian deixou de recibir axuda económica do seu pai. Finalmente, Herminia foi repudiada. Logo do seu divorcio, a finais dos anos vinte, trasladouse ao pazo de Sigrás, en Cambre (A Coruña), aínda que tamén tiña propiedades en Carballo e Camariñas.
Foi unha muller moi moderna para o seu tempo, fumaba, vestía pantalóns e andaba en bicicleta. Foi a primeira muller con carné de conducir en España e presidiu de xeito honorífico o Deportivo da Coruña.
Familia O seu irmán Max casou en 1936 con María del Carmen Álvarez de Sotomayor Castro, filla do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor. A propia Herminia actuou como madriña.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Herminia Borrell, una vida de novela no blog de Xosé Manuel Lema
Categoría:Personalidades de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1971