Ángel Suances Piñeiro, nado en Ferrol en 1882 e finado na Coruña o 5 de decembro de 1949, foi un militar e escritor galego.

Traxectoria Capitán de fragata e Axudante Maior do Arsenal de Ferrol cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, participou como testemuña no proceso contra Antonio Azarola. Foi comandante de Mariña de Ferrol dende 1939. Foi o creador e primeiro director da Escola Náutica da Coruña. Foi nomeado contraalmirante en 1944, coincidindo co seu retiro.Diario de Burgos, 11-11-1944, p. 4. Colaborou na Revista General de la Marina e nos Cuadernos de Tiro Naval. Tamén colaborou en El Correo Gallego cunha columna diaria baixo o pseudónimo Aspi. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes