Abdullah Jafar Ibn Mohammad Rudaki (en taxico Абӯабдуллоҳ Ҷафар Ибн Муҳаммад Рӯдакӣ; en persa ابوعبدالله جعفربن محمدبن حکیم‌بن عبدالرحمن‌بن آدم رودکی), nado en Rudak (imperio Samánida) en 859 e finado no mesmo lugar arredor de 941, foi un poeta persa coñecido como Rudaki, Rudagi ou Rudhagi, primeiro grande autor da lingua persa moderna e considerado o fundador da literatura persa clásica.

A súa poesía contén moitos dos vellos xéneros da poesía persa, incluíndo o cuarteto,Sassan Tabatabai, "Father of Persian Verse: Rudaki and His Poetry", Amsterdam University Press, 15 de febreiro de 2011. mais só unha pequena porcentaxe da súa extensa obra sobreviviu.

Traxectoria Naceu en Rudak, localidade de Transoxiana, actualmente rexión de Panjakent en Tadjiikistán. A maioría dos seus biógrafos din que era totalmente cego, aínda que non de nacemento. Foi o poeta da corte do emir samánida Nasr II (914-943) en Bukhara, mais crese que logo perdeu os seus favores e foi condenado á pena de cegueira por motivos relixiosos.

Obra miniatura|Billete taxico de 500 somoni co retrato de Rudaki Rudaki escribiu en todos os estilos poéticos, aínda que a súa temática preferida era a bucólica: na súa obra prevalece a ledicia e o optimismo. Consíderase Kalila wa Dimna, da que só se conservan fragmentos, a súa obra máis destacada.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía E.G. Browne. Literary History of Persia. (Catro volumes, 2256 páxinas), 1998, ISBN 0-7007-0406-X Jan Rypka, History of Iranian Literature. Reidel Publishing Company, 1968, ISBN 90-277-0143-1 Ligazóns externas Forensic sculpture of Rudaki by M.M. Gerasimov Rudaki, Abu Abd Allah, biografía por Iraj Bashri, University of Minnesota. Rudaki

Categoría:Nados en Tadjiikistán Categoría:Nados en 858 Categoría:Finados no século X Categoría:Escritores en lingua persa Categoría:Poetas de Persia