Más Madrid é unha plataforma política madrileña de esquerdas impulsada pola actual alcaldesa da cidade Manuela Carmena.

Historia En setembro de 2018 a alcaldesa de Madrid Manuela Carmena anunciou as súas intenciones de presentarse á relección nas eleccións municipais de 2019 cunha nova plataforma política, diferente a de Ahora Madrid, o partido político "instrumental" co cal cocorrera ás eleccións de 2015.Carmen Macías (17 de xaneiro de 2019). «Más Madrid: las claves de una nueva formación que hace tambalear la unidad de Podemos». 20 Minutos.SD (18 de xaneiro de 2019). «Qué es Más Madrid, la plataforma de Carmena repleta de 'fugas' de Podemos». El Confidencial.​ A mediados de novembro, os concelleiros de Ahora Madrid con militancia en Podemos Rita Maestre, José Manuel Calvo, Jorge García Castaño, Marta Gómez, Esther Gómez e Paco Pérez anunciaron que non participarían nas primarias de Podemos e manifestaron a súa intención de presentarse ás primarias da plataforma de Manuela Carmena, o que causou a súa suspensión cautelar de militancia no partido.Rivas, Tatiana G.; Domingo, Marta R. (19 de decembro de 2018). «Errejón se arrima a Carmena en plena crisis con Podemos». ABC.

O 22 de novembro de 2018 a plataforma de Carmena presentouse formalmente, co nome definitivo de "Más Madrid". Nesta presentación anunciouse que a campaña electoral da plataforma financiarase con "microcréditos" e que na candidatura non habería "cuotas" para partidos.Rodríguez Pina, Gloria (22 de novembro de 2018). «Carmena presenta Más Madrid, la plataforma con la que concurrirá a las elecciones». El País.​ En xaneiro de 2019, Íñigo Errejón, até entón primeiro de lista oficioso de Podemos nas eleccións autonómicas de 2019, anunciou nunha carta conxunta con Manuela Carmena a súa intención de presentarse como candidato para esas eleccións dentro da plataforma de Más Madrid, anunciándose na propia carta a intención de celebrar de primarias en febreiro.«Errejón se presentará a las elecciones autonómicas con las siglas de Carmena, no con las de Podemos». RTVE. O anuncio xerou unha grave crise en Podemos; o secretario xeral do partido Pablo Iglesias Turrión desautorizou a iniciativa de Íñigo Errejón cunha carta, na que declarou que consideraba a iniciativa do seu excandidato como allea á ruta marcada polos inscritos do partido.Rodríguez, Miguel Ángel (17 de xaneiro de 2019). «Iglesias y Errejón rompen en vísperas electorales.». El Periódico. Esta crise causou a dimisión de Íñigo Errejón como deputado e de Ramón Espinar como secretario xeral de Podemos na Comunidade de Madrid.«Errejón dimite como diputado de Podemos pero avisa: "No abandono el partido que fundé"». RTVE.«Podemos adelanta la reunión del Consejo Ciudadano tras las crisis de Errejón y Espinar». El Periódico.

Notasas

Categoría:Organizacións políticas de España