Tipasa, ás veces coñecida como Tipasa de Mauretania, foi unha colonia romana na provincia romana da Mauretania Cesariense, hoxe chamada Tipasa, está situada na costa central de Alxeria. Desde 2002, a UNESCO declarouna como "Patrimonio da Humanidade".
Historia Posto comercial púnico Inicialmente a cidade era un pequeno posto de comercio Púnico.
Colonia romana Conquistada por Antiga Roma, convertéuse nunha colonia militar polo emperador Claudio para a conquista dos reinos da Mauritania. Despois converteuse nun municipium chamado Colonia Aelia Augusta Tipasensium, que alcanzou unha poboación de 20.000 habitantes no século IV segundo o historiador Gsell.
A cidade romana construíuse sobre tres pequenos outeiros que dominaban o mar, case 20 km. ao leste de Caesarea (capital da Mauretania Cesariense). Das casas, a maior parte das cales estaban no outeiro central, non quedan restos; pero quedan ruínas de tres igrexas, a Gran Basílica e a Basílica de Alexandre no outeiro occidental e a Basílica de Santa Salsa no outeiro oriental, dous cemiterios, os baños, o teatro, o anfiteatro e o nymphaeum. A liña das murallas pódese distinguir claramente e ao pé do cerro oriental os restos do antigo porto.
As basílicas están rodeadas de cemiterios, que están cheos de ataúdes de pedra e cubertos de mosaicos. A basílica de San Salsa, que foi escavada por Stéphane Gsell, consta dunha nave e dous corredores e aínda contén un mosaico. A Gran Basílica serviu durante séculos como canteira, pero aínda se pode facer o plano do edificio, que estaba dividido en sete corredores. Baixo os cimentos da igrexa atópanse tumbas cortadas na rocha sólida. Destas, unha é circular, cun diámetro de 18 m. e espazo para 24 cadaleitos.
Tipasa comercialmente tiña considerable importancia, pero non se distinguiu na arte ou na aprendizaxe. O cristianismo iniciouse pronto, e no século III, Tipasa foi unha sé episcopal, inscrita na lista de ses titulares da Igrexa católica.Annuario Pontificio 2013 (Libreria Editrice Vaticana, 2013, ), p. 991 thumb|left|250px|Ruínas na actualidade da Tipasa romana
A maioría dos habitantes continuaron sendo non-cristiáns ata que, segundo a lenda, Salsa, unha doncela cristiá, botou a cabeza do seu ídolo serpe ao mar, polo que o pobo enfurecido apedreuna ata matala. O corpo, milagrosamente recuperado do mar, enterrouse, nun outeiro sobre o porto, nunha pequena capela que posteriormente deu lugar a unha maxestosa basílica. O martirio de Salsa tivo lugar no século IV. no 484, o rei vandalo Hunerico (477-484) enviou un bispo ariano a Tipasa, logo de que un gran número de habitantes fuxiran a España, mentres que moitos dos restantes foron cruelmente perseguidos.Stefano Antonio Morcelli, Africa christiana, Volume I, Brescia 1816, pp. 327–328
Decadencia Tipasa foi parcialmente destruída polos vándalos no 430, pero foi reconstruída polos bizantinos un século máis tarde. Tipasa resucitou por un breve tempo durante a ocupación bizantina no século VI pero recibiu o nome árabe de Tefassed, cando os árabes chegaron alí. O termo traducido significa "moi danado".Tipasa, Morocco, Algeria, & Tunisia: a travel survival kit, Geoff Crowther & Hugh Finlay, Lonely Planet, 2nd Edition, abril 1992, pp. 286 - 287. right|thumb|Tumba cristiá dunha basílica romana de Tipasa
No terceiro século o cristianismo foi adorado por todos os bérberes romanizados e os colonos romanos de Tipasa. Deste período vén o epitafio cristián máis antigo da África romana datado o 17 de outubro de 237 d.C.Revue africaine, Société historique algérienne, éd. la Société, 1866, p. 487 En Tipasa construíronse as principais basílicas da actual Alxeria: a basílica de Alexandre e a basílica de Santa Salsa.
A finais do século VII a cidade foi destruída polos árabes e reducida a ruínas.Toutain Jules. Fouilles de M. Gsell à Tipasa : Basilique de Sainte Salsa. In: Mélanges d'archéologie et d'histoire T. 11, 1891. pp. 179-185.
Cidade moderna
En 1857 a área foi novamente habitada, coa creación da cidade de Tipaza que agora ten preto de 30.000 habitantes. A cidade e os seus arredores albergan o maior grupo de falantes bérberes de Alxeria occidental, o pobo Chenoua.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Alxeria Timgad Caesarea Cuicul Cirta Lambaesis Rusadir
Ligazóns externas Site of Unesco
Categoría:Cidades Patrimonio da Humanidade Categoría:Patrimonio da Humanidade en Alxeria Categoría:Cidades da Roma antiga