miniatura|Moeda provincial romana emitida en Galicia: ás de César Augusto cuñado na ceca móbil de Lucus Augusti durante as guerras cántabras (ca. 25 a. C.)
No ámbito numismático, coñécese moeda provincial romana a emitida entre os anos 44 a. C. e 297 da nosa era na área de influencia do Imperio Romano mais a nome ou por iniciativa das autoridades provinciais, sen un control directo do Imperio."Information". En Roman Provincial Coinage Online.Heath, Sebastian. "Roman Provincial Coins and Imperial Chronology ". En ANS Magazine. Primavera de 2005. American Numismatic Society. Con frecuencia, estas moedas supuñan, tanto nos seus deseños como na súa métrica, unha continuación das xa existentes nesas rexións con anterioridade á chegada do poder de Roma, aínda que habitualmente engadían o retrato do emperador romano ou algún sinal do seu poder."Roman Provincial Coin Portraits". En Coin Week. 31 de xaneiro de 2018.Wayne G. Sayles (1998).Heuchert, V. (2003). "Roman Provincial Coinage". En Alfaro, C.; Burnett, A. (eds.). A Survey of Numismatic Research 1996-2001. International Numismatic Commission - International Association of Professional Numismatists: 313-43. Madrid.Kremydi, S. (2009). "Roman Provincial Coinage". En Bateson, D.; Amandry, M. (eds.). A Survey of Numismatic Research 2002-2007. International Numismatic Commission - International Association of Professional Numismatists: 182-195. Glasgow. ISBN 9781902040950 miniatura|O Imperio Romano e as súas provincias despois do ano 120 Moitas destas moedas foron cuñadas en zonas do Imperio de influencia grega, e en case todos estes casos supuxeron unha evolución das moedas emitidas nas polis gregas asentadas no sur de Italia e en Sicilia (Magna Grecia); no caso das moedas desta procedencia aplícanse adoito de maneira sinónima as expresións "moeda provincial romana" e "moeda imperial grega"."Coins of the Finest Period of the Greek Cities of the South opf Italy". En Noel Humphreys, Henry. (1869). Páxinas 66-72.Butcher, Kevin (1988)."Roman Provincial Coins". En Forum Ancient Coins.
As emisións e as súas cecas miniatura|Moeda provincial romama de Alexandría: tetradracma de billón a nome de Tiberio con caracteres gregos (ca. 20-21 d. C.) Cando unha rexión nova era asimilada pola civilización Romana, ás veces permitíase o mantemento en circulación das moedas locais preexistentes (no caso de as haber), por pura conveniencia. Ademais disto, algunhas das novas colonias recibían autorización para a cuñaxe de moedas de cobre, xa que as de prata (agás algunhas excepcións) e sobre todo as de ouro eran prerrogativa da capital do Imperio. Estas moedas provinciais eran maioritariamente utilizadas pola poboación local só para as pequenas transaccións cotiás, tendo en conta que o seu valor intrínseco era case sempre inferior ao do circulante imperial.
As moedas provinciais foron cuñadas maioritariamente en cobre e en billón e, en menor número, en prata, estas últimas baixo un control estrito de Roma. As emisións en prata e en billón eran máis características das rexións orientais do Imperio, e moi particularmente de Alexandría. miniatura|Moeda provincial romana: arxénteo da provincia de Antioquía (ca. 294 - 295 d. C.) a nome de Constancio Cloro. Ceca de Antioquía.|alt= Cara ao ano 210 a. C., Roma controlaba todas das cidades establecidas por emigrantes e colonos gregos da rexión da Magna Grecia, e ao principio do século seguinte xa se notaba unha clara influencia romana na moeda emitida nesas antigas polis.Johnson, A. (1985). "The so-called pseudo-autonomous Greek Imperials". En American Numismatic Society Museum. Notes 30: 89-112. Tanto a iconografía e como o estilo das moedas cambiaran considerablemente, ata se considerar habitualmente como as primeiras mostras de moedas provinciais romanas.Wayne G. Sayles (2003). Páxina 21."Roman Provincial Coins". En Gordian III and Roman Provincial Coins.
Durante a época imperial contabilízanse arredor de 600 obradoiros monetarios provinciais, establecidas ao longo de todo o Imperio, cunha maior concentración na zona oriental, aínda que tamén frecuentes en puntos como Hispania e a Galia.Arévalo González, A. "La moneda provincial romana de Hispania en el Museo de Cádiz". En La colección de monedas del Museo de Cádiz. Cádiz. 2005. Páxinas 58-68. ISBN 84-95952-45-9Ripollés, P. P. (2010).Ripollès, P. P. (1993). "Hispania: las acuñaciones locales y la financiación de las Rei Publicae". En Rivista italiana di numismatica e scienze affini, XCV. Páxinas 295-306.Delmaire, Roland (1996). "De la monnaie gauloise à la monnaie romaine : l'exemple de la région du Nord - Pas-de-Calais". En Revue du Nord. 318. Páxinas 9-14.
As principais cidades provinciais, como Corinto, Antioquía, ou Mesia, tiñan unha gran capacidade para a emisión de moeda destinada á circulación en toda a provincia, en tanto que outras, como Viminacium, realizaban simplemente pequenas tiraxes para a circulación local."Algunas cecas provinciales romanas ". En www.tesorillo.com."Roman Provincial Mint Cities Compiled by Henrik Agndal". En Ancient Coins.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda da Antiga Grecia Moeda da Antiga Roma Moeda grega da Península Itálica e Sicilia Sylloge Nummorum Graecorum The Roman Imperial Coinage Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain
Bibliografía
Burnett, A; Amandry, M. (eds.) (1992-2017). Roman Provincial Coinage. British Museum / Bibliothèque Nationale de France. Londres/París. (1992) Vol. I: From the death of Caesar to the death of Vitellius (44 BC-AD 69). Ripollés, Burnett e Amandry. ISBN 9780714108711 (1999). Vol. II. From Vespasian to Domitian (AD 69-96). Carradice, Burnett e Amandry. ISBN 978-0714108988 (2015) Vol. III. From Nerva to Hadrian (AD 98-138). Amandry, Burnett, Mairat, Metcalf, Bricault e Blet-Lemarquand. ISBN 978-0714118277 (2006) Vol. VII.1. From Gordian I to Gordian III (238-244). Province of Asia. Spoerri. ISBN 978-2717723038 (2016) Vol. IX. From Trajan Decius to Uranius Antoninus (AD 249-254). Levante, Hostein e Mairat. ISBN 978-0714118291 (1998) Supplement 1. Ripollés, Burnett e Amandry. ISBN 978-0714108940 (2006) Supplement 2. Ripollés, Burnett, Carradice e Amandry. ISBN 978-84-690-5987-6 (2014) Supplement 3 . Ripollés, Burnett, Carradice, Spoerri e Amandry. American Numismatic Society. ISBN 978-0-89722-333-1 (2015) Consolidated Supplement I-III. Ripollés, Burnett, Amandry e Butcher. ISBN 978-1-910807-06-4 (2017) Supplement 4. Ripollés, Burnett, Amandry, Hostein, Mairat e Butcher.
Butcher, Kevin (1988). Roman Provincial Coins. An Introduction to the 'Greek Imperials'''". Trafalgar Square. ISBN 978-1852640101 Harl, K. W. (1987). Civic Coins and Civic Politics in the Roman East A.D. 180-275. University of California Press. Berkeley. ISBN 978-0520055520 Harl, K. W. (1996). Coinage in the Roman Economy, 300 B.C. to A.D. 700. Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0801852916 Howgego, C.; Heuchert, V; Burnett, A. (eds.) (2005). Coinage and Identity in the Roman Provinces. Oxford University Press. ISBN 9780199265268 Noel Humphreys, Henry (1869). The Coin Collector's Manual; Or, Guide to the Numismatic Student in the Formation of a Cabinet of Coins: [...]. Bell & Daldy. Ripollés, P. P. (2010). Las acuñaciones provinciales romanas de Hispania. Real Academia de la Historia. ISBN 9788496849990 Wayne G. Sayles (1998). Ancient Coin Collecting. IV: Roman Provincial Coins. Krause Publications. ISBN 978-0873415521 Wayne G. Sayles (2003). Ancient Coin Collecting. Krause Publications. 2ª ed. ISBN 978-0873495158
Ligazóns externas
Roman Provincial Coinage Project''
Catálogo de moeda provincial romana
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Imperio Romano