Francisco Rey Drox, coñecido como Coronel Chacama ou Comandante Chacama, nado en Naranjito (Porto Rico)Outras fontes afirman que naceu no municipio de Bayamón (Porto Rico). en 1893 e finado en Burgos o 25 de decembro de 1960, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria

Fillo de Manuel Rey Pena, tenente da Garda Civil, e Francisca Drox, asentados en Pontevedra. Soldado en Marrocos, foi condecorado en 1916 coa Cruz do Mérito Militar pensionada.El Progreso, 12-3-1916, p. 3. Marchou a Arxentina en 1919 e instalouse en Rosario. Foi viceconsul de España nesa cidade a alí casou con Aurea Vidal Rodríguez en 1925.El Heraldo Gallego, 23-8-1925, p. 8. Retornou a España en xullo de 1928.El Heraldo Gallego, 22-7-1928, p. 5. Foi mozo da Subdelegación de Pesca de Getaria en 1934, renunciando ao posto en 1935.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Murcia como sospeitoso a finais de xullo.El Tiempo, 30-7-1936, p. 2. Loitou no exército leal alcanzando o grao de maior.Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 6-9-1938, p. 916. Detido, estivo preso en Cartaxena e despois na Prisión de Murcia,Expediente personal del recluso Francisco Rey Drox e saíu en liberdade provisional en xullo de 1944.BOE, 22-8-1944, p. 6363. Exiliado en Francia, volveu do exilio para loitar coa guerrilla. Asentouse en Ourense como empregado. Foi un dos membros do comité provincial do Partido Comunista de España en Ourense reconstituído no verán de 1942. A súa muller Aurea Vidal foi detida no Pereiro de Aguiar en agosto de 1943, reclamada por un xulgado de Barcelona.El Pueblo Gallego, 18-8-1943, p. 11. Detido en febreiro de 1945, acusado na causa 94/45 de pertencer á Unión Nacional xunto a Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Mariano Otero Castelao, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo, foi posto en liberdade por falla de probas. Foi procesado con Víctor García García, Estanislao Cantero Izquierdo e Teófilo Fernández Canal na causa 75/1946 da Coruña.La Voz de Galicia, 10-4-1946, p. 2. Volveu ser procesado na causa 159/1946 da Coruña contra María Pérez Mellid, Benigno Andrade García, Pedro Oso Guerra, Manuel Pena Camino, Manuel Ponte, José Vázquez Míguez, Teresa Lorenzo Gallas e os irmáns Jesús, Carmen, Anselmo e José Balboa López.La Voz de Galicia, 7-5-1946, p. 2.

Detido o 1 de setembro de 1947, foi procesado polo xulgado militar Para la represión del Comunismo, la Masonería y el espionaje con outras 19 persoas na causa 438/1947, acusado de ser o promotor dun grupo pertencente ao Socorro Rojo Internacional e introducir o movemento da Unión de Intelectuales Libres en Galicia. Afrontaba outras dúas acusacións no xuízo e como tiña procesos previos, foi condenado a 20, 12 e 6 anos, un total de 38 anos.Amnistie. Conférence d'Europe occidentale pour l'amnistie aux emprisionnés et exilés politiques espagnols, p. 11. Morreu na prisión de Burgos en decembro de 1960.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Médicos, practicantes y Maquis gallego: El apoyo a la guerrilla y a los represaliados en la posguerra.

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Porto Rico Categoría:Nados en 1893

Categoría:Finados en 1960

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes