O voo 107 de LAN Chile era un servizo regular internacional dende Santiago de Chile ata Buenos Aires. O día 6 de febreiro de 1965 o Douglas DC-6B-404 que operaba a ruta esnafrouse nos Andes. Os 87 ocupantes do avión morreron no accidente.
Accidente O DC-6 engalou do aeródromo Los Cerrillos de Santiago de Chile na mañá do 6 de febreiro con 80 pasaxeiros e 7 tripulantes a bordo, nun voo ao aeroporto internacional Ministro Pistarini en Ezeiza, preto de Buenos Aires. Cando o avión estaba a un nivel de voo 120, na área de Las Melosas dos Andes, esnafrouse na ladeira da montaña La Corona, a uns 1 200 pés por debaixo do seu cumio. Non houbo superviventes.
22 dos pasaxeiros eran xogadores e persoal do equipo de fútbol Antonio Varas de Santiago, que se dirixía a Uruguai para xogar contra o Camadeo de Montevideo.
En xaneiro de 2019 o voo 107 seguía sendo o peor accidente aéreo da historia de Chile e o segundo peor dun DC-6, tras o voo 954 de Olympic Airways.
Causa A xunta de investigación do accidente culpou do accidente o piloto ao mando do avión, que elixiu seguir unha ruta que non se correspondía co plan de voo aprobado nin co manual de operacións da aeroliña. Non se considerou a meteoroloxía como un factor no accidente.Gero, David (1996). Aviation Disasters Second Edition. Patrick Stephens Limited. p. 61.
Notas
Categoría:Accidentes aéreos en Chile Categoría:Accidentes e incidentes de LAN Chile Categoría:Accidentes e incidentes de Douglas DC-6 Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1965