A Sociedade Numismática Italiana (en ) é unha asociación cultural italiana sen ánimo de lucro que centra o seu interese na numismática e ten como finalidade a promoción e a divulgación dos estudos "relativos ás moedas, as fichas, os pesos monetarios, as medallas e os selos"."Informazioni generali ". No sitio web da SNI."Statuto Sociale. Art. 1 ". Sitio web da SNI.

Historia A sociedade constituíuse en 1892, no ambiente social e político inmediatamente posterior á unificación italiana, para cumprir o desexo expresado catro anos antes por un grupo de eruditos numismáticos italianos,"Elenco dei 42 Soci fondatori della Società Numismatica Italiana (1892)". Società Numismatica Italiana (socnumit.org). encabezados por Francesco Gnecchi, que se reuniran en 1888 con motivo da emisión do primeiro número da Rivista italiana di numismatica: "[...] fundar unha sociedade italiana de numismática do mesmo xeito que as que florecen noutras nacións"."Prefazione". En Rivista italiana di numismatica. 1888."Atti della Società numismatica italiana". En Rivista italiana di numismatica. 1892. Xa que logo, os modelos para a creación da nova sociedade eran outras entidades semellantes que naqueles anos xa estaban activas en Europa, como a Royal Numismatic Society de Londres (desde 1836), a Sociedade Real de Numismática de Bélxica (desde 1841) ou a Sociedade Francesa de Numismática (desde 1865)."History of the Society". The Royal Numismatic Society."Qui sommes-nous". Société royale de Numismatique de Belgique.

Entre os membros fundadores atópase o daquela príncipe do Piemonte Vítor Manuel III, afeccionado á numismática, que foi o seu presidente honorario desde 1897."Elenco dei 42 Soci fondatori della Società Numismatica Italiana (1892) ". No sitio web da SNI.Johnson, Cesare. "La Società numismatica italiana nel cento anni della suafondazione (1892 - 1992) ". Sitio web da SNI. O primeiro presidente da entidade foi o político e numismático Niccolò Papadopoli."Nicolò Papadopoli-Aldobrandini". I Grandi Numismatici. Società numismatica Italiana (socnumit.org). "La nostra storia". Società Numismatica Italiana (Socnumit.org).

Desde a súa fundación, a sociedade desenvolve moi diversas actividades encamiñadas ao seu fin social, como son o mantemento da súa biblioteca temática, publicacións tanto monográficas como periódicas e colaboración con iniciativas diversas doutras institucións."La biblioteca ". No sitio web da SNI."Vicenza Numismatica ". No sitio web da SNI."La naissance de la Société française de numismatique". Société française de numismatique.

Con motivo da celebración de acontecementos importantes para a numismática italiana, como é o caso, entre outros, dos centenarios da propia sociedade ou da súa revista, a Sociedade Numismática Italiana emitiu un bo número de medallas conmemorativas.Rongo, Matteo (2018).

A sociedade, que ten a súa sede en Milán, inclúe entre os seus membros os estudosos e os coleccionistas numismáticos italianos e estranxeiros máis sobranceiros, e no seu cadro de honra destacan persoas como Philip Grierson, Carlo Maria Cipolla, Laura Breglia, Giovanni Gorini, Pierre Bastien ou Michael Crawford."Albo d'onore ". No sitio web da SNI.

Publicacións

Rivista italiana di numismatica e scienze affini

A Sociedade Numismática Italiana publica a publicación periódica Rivista italiana di numismatica e scienze affini, a revista numismática máis antiga de Italia, fundada en 1888 polos irmáns Gnecchi e Solone Ambrosoli, cuxo prestixio científico é recoñecido a nivel internacional."Ai lettori". En Rivista italiana di numismatica. 1890.Acceso en liña aos números da revista entre 1888 e 1920.

No poxecto do nacemento desta revista fundíronse as dúas cabeceiras numismáticas que naquel momento extistían en Italia, Gazzetta Numismatica e Bullettino di Numismatica e Sfragistica per la Storia d'Italia, que, por conseguinte, desapareceron nese mesmo ano de 1888."Altre riviste ". No sitio web da SNI.Acceso en liña a todos os seus números: Gazzetta (11881-1887) e Bulletino (1882-1887).

Aínda que o nacemento da revista é previo á existencia da Sociedade Italiana de Numismática, converteuse no seu órgano oficial desde o mesmo monmento da súa fundación."Notizie varie". En Rivista italiana di numismatica. 1892.

Con ocasión da publicación do seu número 100, en 1999 publicouse unha historia da revista."Indici volumi. RIN ". No sitio web da SNI.

Collana di numismatica e scienze affini Outras das súas publicacións agrúpanse dentro da serie Collana di numismatica e scienze affini, onde se recollen diversos estudos e actas de congresos. Consta dos seguintes volumes:

Vol. 1 (1998): Perassi, Claudia. Atti della giornata di studio «Il collezionismo numismatico». Vol. 2 (1999): Travaini, Lucia. Moneta locale e moneta straniera: Italia ed Europa XI-XV secolo. The Second Cambridge Numismatic Symposium. Local Coins, Foreign Coins: Italy and Europe 11th-15th Centuries. Vol. 3 (2000): Ercolani Cocchi, Emanuela. Il Giubileo e i suoi simboli. La fonte numismatica e le medaglie del Museo Nazionale di Ravenna. Vol. 4 (2004): Vanni, Franca; Bussi, Silvia. La moneta fusa nel mondo antico. Quale alternativa alla coniazione? (Atti del Convegno Internazionale di studio, Arezzo, 19-20 settembre 2002). Vol. 5 (2004): Travaini, Lucia; Bolis, Alessia. L'immaginario e il potere nell'iconografia monetale. Dossier di lavoro del seminario di studi, Milano 11 marzo 2004. Vol. 6 (2010): Savio, Adriano; Cavagna, Alessandro. 100 anni del Corpus Nummorum Italicorum. Giornata di studio, Milano 15 maggio 2009. Vol. 7 (2012): Cavagna, Alessandro. Provincia Dacia. I coni. Vol. 8 (2014): Carbone, Federico. Le monete di Paestum tra I sec. a.C. e I sec. d.C. Analisi dei Conî.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de asociacións numismáticas Istituto Italiano de Numismática Instituto Poligrafico e Ceca do Estado

Bibliografía

Rongo, Matteo. Le medaglie della Società Numismatica Italiana . Società Numismatica Italiana. Milán. 2018.

Ligazóns externas

Sitio web da Sociedade Italiana de Numismática

Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Cultura de Italia Categoría:Sociedades científicas Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro