Manuel Fernández Boado, nado no Cádavo (A Esperela, Baleira) cara a 1895 e finado en Vitoria o 4 de setembro de 1959, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito. Aprobou as oposicións a rexistrador da propiedade en 1920 e foi nomeado rexistrador da Fonsagrada. En 1923 foi nomeado rexistrador de Ribadeo.El Compostelano, 14-12-1923, p. 2. Na ditadura de Primo de Rivera foi directivo do Ateneo Biblioteca Popular, e nel pronunciou unha conferencia sobre política feminista en outubro de 1924 pola que foi detido, denunciado e procesado. Na Segunda República foi organizador do Comité de Izquierda Republicana de Ribadeo. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en 1936.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto e encartado no sumario 934/36 que foi sobresido. Marchou a Celanova en novembro de 1936, permanecendo alí ata setembro de 1937, cando foi detido e trastadado á prisión de Lugo o 24 de setembro, de onde pasou á de Ribadeo o 28 dese mes.Expediente procesual de Manuel Fernández Boado Acusado de auxilio á rebelión no sumario 1238/37 e xulgado en consello de guerra en Lugo o 22 de febreiro de 1938,El Progreso, 23-2-1938, p. 4. sendo condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión sprovincial de Lugo, onde traballou como encargado dos ficheiros íncide rexistro e fisiotécnico, para reducir condena. Conmutada a pena a dous anos o 7 de febreiro de 1940, Saíu en libredade condicional o 8 de xullo de 1940.Expediente procesual de Manuel Fernández Boado Foi separado do servizo como rexistrador da propiedade en 1938. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas e como consecuencia foi sancioanado cunha multa de 1 000 pesetas o 8 de xuño de 1940. Rehabilitado, no franquismo foi rexistrador da propiedade de Priego de Córdoba e dende 1957 de Sagunt. Finou nun accidente de tráfico na estrada de Vitoria a Irún o 4 de setembro de 1959.La Voz de Galicia, 5-9-1959, p. 4.

Vida persoal

Casou con María García-Villamil Noriega en 1931.Las Riberas del Eo, 25-4-1931, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Expediente de responsabilidade política nº 54/1938 de Manuel Fernández Boado Ficha en represión franquista en Lugo

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Baleira Categoría:Finados en 1959 Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Nados en 1895 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes