Gure Esku Dago (GED, "Está nas nosas mans", en lingua vasca, oficialmente denominada Gure Esku Dago GED-EH Kultura Elkartea), é unha asociación cultural española que se define como unha iniciativa cidadá plural e participativa, que traballa polo dereito para decidir do pobo vasco, ofrecendo o seu apoio a diversas iniciativas locais e organizando consultas en diferentes territorios.
Historia O 8 de xuño de 2014 organizouse unha cadea humana que uniu Durango con Pamplona polo dereito para decidir no territorio de Euskal Herria e xuntou a máis de 150.000 persoas.
O 8 de novembro de 2014, na praia de Zurriola, organizouse un gran mosaico, fermoso e colorido con 10.000 persoas, co obxectivo de felicitar ao pobo escocés, dar ánimos ao pobo catalán ás portas da consulta e dar un paso máis polo dereito para decidir en Euskal Herria.
A partir do ano 2016 Gure Esku Dago estivo organizando consultas locais polo dereito para decidir. miniatura Diversos actores sociais apoiaron a Gure Esku Dago, como actores, cantantes, deportistas, cociñeiros... Entre os partidos: Partido Nacionalista Vasco, Podemos, Eusko Alkartasuna, Aralar, Alternatiba, Sortu, Esquerra Republicana de Catalunya, PDeCAT...
Notas
Categoría:Asociacións culturais Categoría:País Vasco