Isabel María Blanco Franco, nada en Vigo o 10 de marzo de 1962, e finada a mesma cidade o 3 de xullo de 2026, foi unha avogada e escritora galega, máis coñecida como Isabel Blanco ou Isabel Blanco-Rivas (en honor ao seu avó).
Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Granada e exerceu en Vigo desde 1989 como avogada especializada en Dereito Matrimonial e de Familia, en violencia de xénero e menores.
Exerceu a docencia na Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Vigo e colaborou coa Casa da Muller de Vigo e os centros de Información da Muller de Mos e Ponteareas.. No eido da avogacía participou en: Curso de Victimoloxía da Universidade de Educación a Distancia (1996), Curso Xurídico sobre Aspectos do Código Penal do Instituto de la Mujer (1997), Curso “ A Administración Local na Unión Europea. A Unión Europea e as Entidades Locais “ do Concello de Vigo (1997), Curso sobre “ Dirección e Animación de Equipos de Traballo” na Escola Galega de Administración Pública (1998), Curso de Extranxería do Colexio de Avogados de Vigo (2016).
Súa foi a idea, creación e textos da mostra Rompe, xoga en igualdade (2018). Con Irene Silva creou a exposición de poesía visual Amores que matan non son amores (2018). O director de coros vasco Javier Busto compuxo música para tres poemas seus: "Vestida de frores" (Vebas Cum), "Poesía del deseo" (inédito), "Gosto dos bicos" (inédito).
Escribiu o guión da curtametraxe Manuela Romasanta de Roberto Oliveira.
Obras
En castelán
Historias de almas inquietas (2012). Reeditado en 2014 en Belagua Ediciones. ISBN 9788494175121. Los mundos ajenos (2014). Belagua Ediciones. ISBN 978-8494175114. No libro explora os sentimentos, emocións e vivencias de persoas con diferentes discapacidades. La muerte de Marilyn y otros relatos (2019). Belagua Ed. 102 páxs. ISBN 9788494951763.
En galego miniatura|Con Luz Beloso na presentación de María Viyals. Un talento rebelde, na Casa das Campás de Pontevedra, 16/01/2019 Verbas cum (2014). Belagua Ediciones. ISBN 978-8494175138. "Estes poemas de amor que son como as augas dos regatos, repousadas nalgúns intres, e rápidas e burbullantes cando o seu curso se fai pronunciado, lense, escóitanse e tamén poden verse" María Vinyals. Un talento rebelde (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-7-1. É unha recreación literaria da biografía de María Vinyals, nada en 1875 no castelo de Soutomaior. As receitas de Rosaura (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-4-0. É o primeiro libro da colección: "Este que tes nas túas mans / é o Libro de Receitas / que a cociñeira Rosaura / escribiu para que as aprendas. / Só tes que ir pasando as páginas / unha a unha e pouco a pouco, / parándote a ler nelas / con olmos grandes de moucho". Tamén o primeiro libro infantil de receitas en galego. Rosaura e o mar (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-5-7. Son versos de homenaxe a Rosaura e ás traballadoras do mar. Rosaura, cesteira de Mondaríz (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-8494695988. Para coñecer o tradicional oficio dos cesteiros. Galegas na ciencia (2022). Belagua Ediciones. Ilustracións de María Lapido. 48 páxs. ISBN 978-84-121433-6-2. De Isabel Zendal (1777) a María Teresa Miras Portugal (1948), este libro recolle as biografías de vinte galegas que abriron as portas da ciencia. Galegas nas artes (2022). Belagua Ed. Ilustracións de María Lapido. 52 páxs. ISBN 978-84-124434-6-2. 21 mulleres galegas do mundo das artes plásticas e visuais. Galegas na música (2025). Belagua Ed. Ilustracións de María Lapido. 62 páxs. ISBN 978-84-129637-0-0. Escolma de biografías de mulleres galegas dedicadas á música.
Premios
1º premio no Concurso literario de Relatos Curtos Dunas, de Nigrán ( 2010). 1º premio no Certame de narrativa breve “Carolina Planells” de Paiporta (Valencia) ( 2011). 1º premio no II Concurso de Relato Corto «Mujer, Discapacidad y Empleo», convocado por la Secretaría de Política Social de CC OO de Almería.(2012). Finalista Poetry Slam 2016 Vigo Premio Certame de Poesía Xogos Florais 2017 Concello de Ponteareas. 2º Premio Certame de Poesia Pazo da Saleta. Novembro 2017 2ª Premio Certame de Microrelatos Ozoco 2018 3ª Mellor libro de literaruta infantil 2017 “ As Receitas de Rosaura “ premios Fervenzas Literarias. 7ª Mellor libro de literatura infantil 2018 " Rosura e o mar" premios Fervenzas Literarias.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
20px As receitas de Rosaura, un libro para aprender cociñando en verso 20px Rosaura, cesteira de Mondariz
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Granada