Unha criptomoeda, criptodivisa ou criptoactivo é un medio dixital de intercambio que utiliza criptografía forte para asegurar as transaccións financeiras, controlar a creación de unidades adicionais e verificar a transferencia de activos; é un tipo de moeda complementaria e de moeda dixital. As criptomoedas teñen un control descentralizado, en contraposición ás moedas centralizadas e aos bancos centrais."¿Qué son las criptomonedas?". IG Group. "cryptocurrency " en English Oxford Living Dictionaries."Crypto Currency". En Forbes. 20 de abriol de 2011.
O control de cada moeda funciona a través dunha base de datos descentralizada, habitualmente unha cadea de bloques, que serve como unha base de datos de transaccións financeiras pública."What’s the difference between blockchain and cryptocurrency? ". En Blockchain.wtf.
A primeira criptomoeda que empezou a operar foi o bitcoin en 2009 e, desde entón, apareceron moitas outras con diferentes características e protocolos como litecoin, namecoin, peercoin, ripple, dogecoin, petro etc."How to get started with the new trend in virtual currencies" (libro branco de bitcoin).
A comezos de 2019 mesmo algúns bancos traballan xa con criptomoedas.
Historia miniatura|David Chaum, creador dos rudimentos das criptomoedas En 1983, o criptógrafo estadounidense David Chaum concibiu un sistema criptográfico monetario electrónico chamado "ecash". Xa en 1995, puxo en marcha o DigiCash, que utilizaba a criptografía para volver anónimas as transaccións de diñeiro, aínda que cunha emisión e unha liquidación (pagamento) centralizadas. Este sistema requiría un software para retirar diñeiro dun banco e designar claves cifradas específicas antes de que se puidesen enviar a un destinatario, o que permitiu que a moeda dixital non fose rastrexable polo banco emisor, o Goberno nin ningún axente.Chaum, David (1983). "Blind signatures for untraceable payments". En Advances in Cryptology Proceedings of Crypto. 82(3): 199-203.
En 1996, a NSA publicou unha investigación titulada How to make a Mint: the Cryptography of Anonymous Electronic Cash. Esta investigación describía un sistema de criptodivisa e foi publicada nunha lista de correo do MIT. Máis tarde, en 1997 publicouse tamén en The American Law Review.Law, L.; Sabett, S.; Solinas, J. "How to Make a Mint: The Cryptography of Anonymous Electronic Cash". En American University Law Review 46. Nº 4 (april de 1997): 1131-1162.
A idea de criptomoeda foi descrita por primeira vez por Wei Dai en 1998, quen propuxo a creación dun novo tipo de diñeiro descentralizado que usase a criptografía como medio de control. Con todo, a primeira criptomoeda en aparecer foi o bitcoin, creada en 2009 polo desenvolvedor de pseudónimo Satoshi Nakamoto, que usa o conxunto de funcións criptográficas SHA-2 (exactamente o SHA-256) como o seu esquema PoW (proba de traballo)."¿Quién creó Bitcoin?". En Bitcoin.org.Niccolai, James. "Bitcoin developer chats about regulation, open source, and the elusive Satoshi Nakamoto". En PCWorld. 19 de maio de 2013.
Posteriormente, apareceron outras criptomoedas, como namecoin (un intento de descentralizar o sistema de nomes de dominio, o que faría moi difícil a censura de Internet), litecoin (que utiliza scrypt como esquema PoW e para ter unha confirmación de transacción máis rápida), peercoin (que utiliza un esquema híbrido PoW/PoS -proba de traballo/proba de participación- e ten unha taxa de inflación do arredor do 1 %) e freicoin (que levou á práctica o concepto de Silvio Gesell agregando depreciación no tempo).Gesel, Silvio. El Orden Económico Natural. En https://www.silvio-gesell.de
Na súa primeira década de existencia, as criptomoedas foron gañando paseniño a atención do público xeral e dos medios de comunicación. Desde 2011, o interese aumentou axiña, en especial coincidindo co ascenso vertixinoso de bitcoin, en abril de 2013.Surowiecki, James. "Cryptocurrency". En MIT Technology Review. 23 de agosto de 2011.
O tope do mercado de criptomoedas estimouse entre un e dous mil millóns de dólares en 2018.Mazer, Jeffrey. "Demystifying Cryptocurrencies, Blockchain, and ICOs". En Toptal.com.
O 6 de agosto de 2014, o Reino Unido anunciou a encarga ao Tesouro dun estudo acerca das criptomoedas, no que debería figurar o papel que podería xogar este tipo de moedas na economía do país, así como as regulacións que deberían ser consideradas."UK launches initiative to explore potential of virtual currencies". En The UK News. 7 de agosto de 2014
Caracterización miniatura|Gráfica que reflicte a crecente dificultade da minaría das criptomoedas Nos sistemas de criptomoedas garántese a seguridade, a integridade e o equilibrio dos seus estados de contas (contabilidade) por medio dunha armazón de axentes (transferencia de arquivo segmentada ou transferencia de arquivo multifonte) que se verifican mutuamente, coñecidos como "mineiros", que son maioritariamente público en xeral e que protexen activamente a rede ao manter unha alta taxa de procesamento de algoritmos, coa finalidade de teren a oportunidade de recibir unha pequena propina, que se reparte de xeito aleatorio."Blockchain Que Es – Toda la Información Sobre la Cadena de Bloque en 2018 ". En Bitcoinquees.net.
Romper a seguridade existente nunha criptomoeda é matematicamente posible, pero o custo para o lograr sería inasumiblemente alto. Por exemplo, un atacante que intentase crebar o sistema de proba de traballo de bitcoin necesitaría unha potencia computacional maior que a de toda a rede de todos os mineiros do sistema e, mesmo así, só tería unha probabilidade de éxito do 50 %. É dicir, romper a seguridade de bitcoin esixiría unha capacidade superior á de empresas tecnolóxicas do tamaño de Google."¿Es seguro Bitcoin?". En Lacentralbitcoin.com.
Está previsto que no futuro a computación cuántica poida chegar a ser unha realidade, o que rompería o equilibrio no caso de que os desenvolvedores non puidesen pór en práctica a tempo o sistema para usar algoritmos poscuánticos, por se tratar dunha tecnoloxía privativa."¿Bitcoin es vulnerable a la computación cuántica?". En Bitcoing.org.
As criptomoedas fan posible o chamado "internet do valor" ou "internet do diñeiro", tamén coñecido polas siglas IoV (do inglés internet of value). Trátase de aplicacións de Internet que permiten o intercambio de valor, que pode ser en forma de contratos, accións, propiedade intelectual ou calquera propiedade. As cousas de valor xa se podían intercambiar antes usando sistemas de pagamento como PayPal. No entanto, a diferenza entre pagar con algo como Paypal e pagar cunha criptomoeda consiste en que facelo con Paypal require que o pagamento se faga a través de redes privadas como as das tarxetas de crédito e os bancos, mentres que o pagamento usando criptomoedas non ten intermediarios: vai directamente do comprador ao vendedor. Deste xeito, tense un sistema de transferencia universal de valor, libre de intermediacións."Blockchain: el nuevo internet del valor ". En Forocapitalpymes.com.Varadarajan, tUNKU. "The Blockchain Is the Internet of Money". En The Wall Street Journal. 22 de setembro de 2017.
Este sistema:
Reduce o custo da transacción, xa que non hai intermediación. Reduce os tempos. Aínda que os pagamentos por Internet son rápidos, as liquidacións entre as partes levan o seu tempo e o vendedor recibe o importe días despois do pagamento. Coas criptomoedas, a demora é da orde de minutos. Elimina a necesidade de usar axentes financeiros para realizar transaccións.
miniatura|120px|Logo da criptomoeda litecoin
Definición técnica Segundo Jan Lansky, unha criptomoeda é un sistema que cumpre as seguintes seis condicións:Lansky, Jan (xaneiro de 2018). "Possible State Approaches to Cryptocurrencies ". En Journal of Systems Integration 9/1: 19-31.
Non necesita unha autoridade central. Así, o seu estado mantense a través dun consenso distribuído. Mantén todas as unidades e o seu propietario. Define se se poden crear novas unidades. Neste caso, o sistema debe definir as circunstancias da súa orixe e como determinar o propietario das novas unidades. Só se pode asegurar a propiedade dunha unidade a un usuario de xeito criptográfico. O sistema permite as transaccións de unidades, nas cales se cambia o propietario desas unidades. Unha transacción só pode ser efectuada se se pode probar o actual propietario destas unidades. Se se efectúan dúas transaccións sobre as mesmas unidades, o sistema só executa unha delas.
Arquitectura miniatura|Logo da criptomoeda peercoin As criptomoedas descentralizadas son producidas colectivamente por todo o sistema, a unha proporción publicamente coñecida que é especificada cando ese sistema se crea. Nos bancos centrais e nos sistemas económicos tradicionais, os gobernos controlan a cantidade de moedas no mercado (por exemplo, cuñando moeda ou esixindo adicións aos libros de contabilidade). No caso das criptomoedas descentralizadas, nin as empresas nin os gobernos poden producir novas unidades. As criptomoedas tampouco teñen un activo detrás que apoie o seu valor, ao contrario das moedas tradicionais."Blockchains: The great chain of being sure about things". En The Economist. 31 de outubro de 2015.
En maio de 2018 existían preto de 1.800 criptomoedas.Badkar, Mamta. "Fed’s Bullard: Cryptocurrencies creating ‘non-uniform’ currency in US". En Financial Times. 14 de maio de 2018. Nun sistema de criptodivisas, a integridade, a seguridade e o balance das contas están mantidos por unha comunidade coñecida como os mineiros, que usa os seus computadores ou outro hardware especializado para validar e datar as transaccións, engadíndoas a unha base de datos colectiva.Brito, J.; Castillo, A. Bitcoin. A Primer for Policymakers. George Mason University. 2013.
Moitas criptomoedas están deseñadas para iren diminuíndo a produción de unidades gradualmente, impondo un límite na cantidade total de unidades que pode haber en circulación. Comparado cos sistemas monetarios tradicionais, as criptomoedas son máis difíciles de lexislar debido á criptografía usada no sistema.Matonis, Jon. "BankThink How Cryptocurrencies Could Upend Banks' Monetary Role". En American Banker. 15 de marzo de 2013.
Cadea de bloques
A validez de cada unha das unidades está na cadea de bloques, que é unha lista en constante crecemento de rexistros, chamados bloques, que se enlazan e se aseguran usando criptografía.Narayanan, A. et al. (2016) Cada bloque contén un apuntador hash ligando a un bloque previo unha data e datos de transaccións. Por deseño, as cadeas de bloques son inherentemente resistentes á modificación dos datos.Fortney, Luke. "Blockchain, Explained". En Investopedia. 19 de decembro de 2018.
A cadea de bloques é un "libro aberto, público e distribuído que rexistra todas as transaccións efectuadas entre dous usuarios dun xeito permanente e verificable".Iansiti, M.; Lakhani, K. "The Truth About Blockchain". En Harvard Bussines Review. Xaneiro-febreiro de 2017. A cadea de bloques usualmente é administrada por unha "rede de punto a punto" colectiva cun protocolo común para engadir e validar novos bloques. Logo de rexistrados, os datos de calquera bloque non poden ser modificados sen alterar todos os seguintes bloques.
As cadeas de bloques son seguras por deseño e son un exemplo de sistema distribuído cun alta tolerancia a faltas bizantinas. Ademais, resolven o problema de dobre gasto sen a necesidade dunha autoridade certificada ou un servidor central, asumindo que non se vai dar o ataque do 51% (que funcionou con varias criptomoedas)."What Is a Decentralized Application?". En Raval, Siraj (2016).
Datación As criptomoedas usan varios sistemas de datación para "probar" a validez das transaccións engadidas á cadea de bloques sen necesidade dun terceiro actor autorizado.