Leticia Romero González, nada en Agüimes o 28 de maio de 1995, é unha xogadora de baloncesto española, que xoga na posición de base. É internacional coa selección absoluta española coa cal obtivo medalla de prata no Mundial 2014 e nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro 2016 e a de Bronce no Eurobasket 2015, ademais de numerosas medallas e recoñecementos nas categorías inferiores.
Traxectoria Con 15 anos, 4 meses e 21 días, debutou en Liga Feminina co seu equipo, o C.B. Islas Canarias. Tras tres tempadas en España en 2013 é recrutada pola Universidade de Kansas State. Tras un primeiro ano en Kansas solicita o "tranfer exception" para marchar aos Seminoles da Universidade Estatal de Florida, onde pasa tres anos de éxitos.
En abril de 2017 foi elixida no posto 16 na segunda rolda do Draft da WNBA por Connecticut Sun. Aínda que rexeitou xogar na WNBA por centrarse na selección e ficha polo ZVVZ USK Praha, tras conseguir o ouro no Eurobasket 2017 disputado na República Checa.
Tras unha tempada en Praga, incorpórase á WNBA fichando polos Dallas Wings.
Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Gran Canaria Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de España Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024