Gerardo María Torreiro López, nado en Santiso o 31 de xullo de 1905 e finado en Arzúa o 16 de decembro de 1979, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Estivo emigrado en Cuba coa súa familia onde traballou como dependente dunha tenda de ultramarinos e na sucursal dun banco norteamericano. Retornou a Santiso aos 15 anos. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1929.El Eco de Santiago, 2-6-1929, p. 2. Foi mestre interino en Enquerentes (Touro) (1929).La Voz de Galicia, 17-11-1929, p. 5 Despois foi mestre de Fonxe (Arzúa). Militante de Izquierda Republicana, foi concelleiro de Arzúa en 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Destituído como mestre. Fuxiu a Francia no bou Tiburón. Abríronlle unha causa en Ferrol por rebelión militar, e foi declarado fuxido e en rebeldía. En 1940 vivía na Coruña e como resultado da depuración foi condenado a dous anos sen soldo e destinado fora da provincia. Foi destinado a Matarrosa, no concello de Toreno (O Bierzo). Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.BOE, 15-9-1942, p. 3618-3619. En 1949 volveu a Arzúa para facerse cargo da escola de Rendal. Finou en Arzúa o 16 de decembro de 1979.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-12-1979, p. 60.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Galegos de Cuba
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Arzúa Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Santiso Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes