miniatura|240px|Lebre de montaña con pelaxe invernal Lepus timidus, coñecida vulgarmente como lebre de montaña ou lebre de Eurasiao, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos pertencente ao xénero Lepus, encadrada no subxénero Lepus.
Características En verán, en todas as poboacións de lebres de montaña (ao igual que as outras dúas do subxénero), a pelaxe pasa a presentar distintos tons apardazados. Para prepararse para o inverno moitos individuos cambian a súa pelaxe, que se volve branca (ou maioritariamente branca).
Os máis dos individuos da subespecie Lepus timidus hibernicus (lebre de montaña irlandesa) permanecen con plaxe marrón todo o ano, e raramente a cambian para volvela branca. Esta subespecie tamén pode ter a cola dun ton escuro ou gris, mentres que nas lebres pardas ou lebres comúns europeas (Lepus europaeus), é branca.
A cor da cola combinada co seu gran tamaño (en comparación coa maior parte das outras poboacións de lebres de montaña) e as variedades marrón que pode presentar a versión irlandesa, pode levar a quen as observe a confundir a lebre de montaña coa lebre parda (Lepus europaeus).
Bioloxía Hábitat e distribución Hábitat É unha lebre que se ha adaptou aos ecosistemas polares e montañosos.
Distribución Habita na zona comprendida entre Fenoscandia (termo xeográfico e xeolóxico utilizado para describir o conxunto da península Escandinava, a península de Kola, Carelia e Finlandia), até o leste de Siberia; ademais, existen poboacións illadas nos Alpes, en Irlanda, en Polonia, no Reino Unido e en Hokkaidō. Foi introducida polo home nas illas Shetland e nas Feroe.Lepus (Lepus) timidus Linnaeus, 1758 no MSW.
Costumes Estudos demostraron que a dieta das lebres de montaña varía segundo a rexión en que habitan, parecen dependeren do hábitat particular en que vive a subespecie analizada. Por exemplo, ao norte de Escandinavia, onde a neve cobre todo o solo durante varios meses, as lebres consomen ramas caídas das árbores. En lugares máis cálidos, como en Irlanda, a herba pode ser un dos principais alimentos. De poder elixir, estas lebres parecen prefrir a herba, principalmente en Escocia e Irlanda.
No norte de Finlandia e de Suecia, esta lebre e a europea compiten polo aproveitamento do hábitat. A europea, por ser máis grande, adoita expulsar á lebre de montaña, pero está menos adaptada aos climas fríos: as súas patas son de menor tamaño, e a pelaxe invernal é unha camuflaxe moi boa nas rexións costeiras de Finlandia onde a neve cobre a costa durante un curto período.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita por Linneo en 1758,Lepus timidus Linnaeus, 1758 no ITIS. na páxina 57 do volume 1º do seu Systema Naturae.
Subespecies Na actualidade recoñcense dentro da especie as subespecies seguintes:
Lepus timidus ainu Barrett-Hamilton, 1900 Lepus timidus begitschevi Koljuschev, 1936 Lepus timidus gichiganus J. Allen, 1903 Lepus timidus hibernicus Bell, 1837 Lepus timidus kamtschaticus Dybowski, 1922 Lepus timidus kolymensis Ognev, 1923 Lepus timidus kozhevnikovi Ognev, 1929 Lepus timidus lugubris Kastschenko, 1899 Lepus timidus mordeni Goodwin, 1933 Lepus timidus orii Kuroda, 1928 Lepus timidus scoticus Hilzheimer, 1906 Lepus timidus sibiricorum Johanssen, 1923 Lepus timidus timidus Linnaeus, 1758 Lepus timidus transbaicalicus Ognev, 1929 Lepus timidus varronis Miller, 1901
Notas taxonómicas A lebre ártica (Lepus arcticus) adoitaba ser considerada como unha subespecie da lebre de montaña, pero actualmente considéranse como dúas especies separadas. Algúns científicos tamén pensan que a lebre irlandesa (Lepus timidus hibernicus) podería considerarse como outra especie independente.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Lagomorfos Lepóridos Lepus
Ligazóns externas Lebre irlandesa
Categoría:Lagomorfos Categoría:Mamíferos de Asia Categoría:Mamíferos de Europa Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Animais descritos en 1758