miniatura|240px|Coello europeo (Oryctolagus cuniculus). A dos lepóridos (Leporidae) é unha das dúas familias de mamíferos que se integran na orde dos lagomorfos (a outra é a dos ocotónidos).
A familia comprende unhas cincuenta especies agrupadas en once xéneros, que son coñecidas vulgarmente como lebres e coellos.lepóridos no Dicionario da RAG.
O coello europeo (Oryctolagus cuniculus) é a especie máis difundida no mundo, e a única que foi domesticada polo home.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1817 polo anatomista, entomólogo e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim, en Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow, 5: 372.Leporidae Fischer, 1817 en MSW.
Etimoloxía O nome científico da familia, Leporidae, está formado, como é norma, pola raíz do xenitivo, leporis, do nome do xénero tipo, Lepus, á que se lle engade o sufixo do latín científico -ĭdae, empregado para construír os nomes das familias de animais.
Xéneros Na familia recoñécense os once xéneros seguintes:Leporidae Fischer, 1817 no ITIS.
Brachylagus Miller, 1900 Bunolagus Thomas, 1929 Caprolagus Blyth, 1845 Lepus Linnaeus, 1758 Nesolagus Forsyth-Major, 1899 Oryctolagus Lilljeborg, 1873 Pentalagus Lyon, 1904 Poelagus St. Leger, 1932 Pronolagus Lyon, 1904 Romerolagus Merriam, 1896 Sylvilagus Gray, 1867
Sinónimos Ademais de polo nome que lle adxudicou Fischer, e actualmente válido, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:
Bunolagini Averianov, 1999 Lagidae Schultze, 1897 Leporidae Gray, 1821 Leporinorum Fischer, 1817 Oryctolaginae Gureev, 1948 Pentalaginae Gureev, 1948
Nomes comúns O nome común coello designa normalmente a calquera das especies da familia, con excepción das do xénero Lepus, ás que se coñece como lebres. Este último xénero caracterízase pola precocidade das crías, que son capaces de correr e de alimentárense por si mesmas desde o momento do nacemento, teñen as orellas e os ollos máis desenvolvidos, son máis veloces na carreira (algunhas especies chegan aos 70 km/h), non constrúen tobos senón simples encamamentos en engrobas do terreo, e paren crías provistas de pelo e cos ollos abertos. As especies do xénero Pronolagus son denominadas indistintamente lebres ou coellos.
Anatomía Os lepóridos teñen un corpo de conformación atlética, coas extremidades posteriores moi fortes, que lles permiten impulsarse con velocidade realizando saltos e acrobacias rechamantes. O seu esqueleto é fino e fráxil aos golpes; palpándolles o dorso pódense apreciar as apófises espiñosas. A cola adoita ter a zona ventral máis clara que o resto do corpo, sendo capaces de comunicárense con rápidos movemientos desta. As extremidades anteriores son máis finas. Sérvenlles na fuxida xa que grazas a elas poden realizar cambios bruscos de dirección. A cabeza caracterízase polas orellas longas. Na boca presentan dúas fileiras de dentes incisivos. Nos ollos teñen unha terceira pálpebra semitransparente que, nas pelexas dos machos polo apareamento impide a entrada de area ou lesións na pupila. A pelaxe é fina e sedosa, cos pelos de lonxitude variábel segundo as especies.
Bioloxía Os lepóridos habitan todo o mundo salvo algunhas illas oceánicas e a Antártida. Son animais herbívoros de gran plasticidade ecolóxica e que se reproducen a gran velocidade, polo que son unha peza cinexética común en todo o globo e presa habitual de moitos mamíferos carnívoros (linces, lobos, raposos, mustélidos, osos, así como de varias aguias).
Evolución miniatura|Cranio de Serengetilagus praecapensis. Naturkundemuseum, Berlín. As especies de lepóridos máis antigas que se coñecen datan do eoceno tardío, momento no que a familia xa estaba presente en América do Norte e Asia. Ao longo da súa evolución, o grupo foise adaptando cada vez máis ás rápidas carreiras e aos saltos. Por exemplo, Palaeolagus, un coello extinto do oligoceno de América do Norte, tiña as patas traseiras máis curtas que as formas modernas (o que indica que corría en lugar de saltar) aínda que na maioría dos demais aspectos era bastante parecido a un coello actual.
Dous achados de fósiles, aínda sen nome, datados en hai uns 48 Ma (na China) e nuns 53 Ma (na India), aínda que primitivos, mostran o nortello leporínico característico, o que indica que a diverxencia dos ocotónidos e os lepóridos foi máis antiga do que se pensaba.
O cladograma que se mostra, de Kraatz et al. (2015), está baseado en análises xenéticas de ADN mitocondrial e nucler.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Segunda edición. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7. Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Lagomorfos Ocotónidos
Ligazóns externas Leporidae. Hares and rabbits na ADW. Rabbits And Hares. Leporidae na EOL. Family Leporidae Fischer de Waldheim 1817 (rabbit) en Fossilworks. Leporidae (como pertencente á orde Rodentia) en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. Ano 1914. Facsímile electrónico.
Categoría:Lagomorfos