Kronosaurus (que quere dicir "lagarto de Cronos") é un xénero extinto de plisosauro de pescozo curto. Cunha lonxitude estimada de 9 a 10,5m, era un dos maiores pliosauros, e recibe o seu nome polo líder dos titáns gregos, Cronos. Viviu a comezos do período Cretáceo (Aptiense a Albiense).Kear BP. 2003. Cretaceous marine reptiles of Australia: a review of taxonomy and distribution. Cretaceous Research 24: 277–303. Descubríronse restos fósiles dende a formación Toolebuc (mediados a finais do Albiense) até a formación Wallumbilla (Aptiense) de Queensland e Nova Gales do Sur, en Australia, e dende a formación Paja (Aptiense serodio) en Boyacá, Colombia. Describíronse dúas especies.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista da flora e fauna que leva o nome dos muiscas Ligazóns externas Genus Kronosaurus. The Plesiosaur Directory.

Categoría:Fósiles descritos en 1924 Categoría:Fósiles de Colombia