O voo 8261 de Binter Mediterráneo foi un accidente de aviación ocorrido o día 29 de agosto de 2001 cando o CASA CN-235 que operaba o voo se esnafrou ao lado da estrada N-340, a uns 200 metros do limiar da pista 32 do aeroporto de Málaga. Durante a aproximación, o capitán informara o control de tráfico aéreo de Málaga dun lume no motor de babor. O incendio resultou ser unha falsa alarma pero, nos procedementos de emerxencia que seguiron, o primeiro oficial sen querer apagou os dous motores do avión. O aparello descendeu, golpeando as luces de aproximación do aeroporto e parando preto da estrada N-340.
Catro das 44 persoas a bordo morreron, incluído o capitán. O aparello foi despezado.
Accidente O voo 8261 de Binter Mediterráneo engalou do aeroporto de Melilla ás 09:37 CEST do 29 de agosto de 2001 con 47 persoas a bordo, 44 pasaxeiros e 3 tripulantes. O tempo era bo.
Durante a aproximación á pista 32 de Málaga, unha luz de advertencia na cabina de mando indicou un lume no motor de babor. De feito era unha falsa alarma, posiblemente causada por humidade e/ou sucidade na circuitería, aínda que a tripulación non o sabía. O capitán continuou a aproximación, mentres o copiloto seguiu o procedemento de emerxencia para un incendio no motor. No proceso, o copiloto activou por erro os extintores do motor dereito ademais dos do esquerdo, facendo que os dous motores se parasen. O avión aterrou a uns 500 metros antes do limiar da pista e parou ao chocar contra o terraplén sobre o que se atopa a autovía N-340. O piloto non comunicou ningunha información sobre a emerxencia á cabina de pasaxeiros, polo que os pasaxeiros non estaban preparados para o impacto.
Tres pasaxeiros morreron no choque, e o piloto morreu no hospital horas máis tarde.
Notas
Binter Mediterráneo Categoría:Accidentes e incidentes de Binter Mediterráneo Categoría:Accidentes e incidentes de CASA CN-235 Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 2001