Afonso de Brienne, chamado de Acre, nado en Acre sobre 1227 e finado o 25 de agosto de 1270 en Tunes, foi un nobre francés do Antigo Réxime, Gran chambelán de Francia, conde de Eu e vizconde de CyrelDurante a Oitava Cruzada..

Traxectoria Nado sobre 1227 de Xoán de Brienne, rei de Xerusalén, e de Berenguela de LeónM. A. Pollock, Scotland, England and France After the Loss of Normandy, 1204-1296, (The Boydell Press, 2015), 145., Afonso de Brienne casou sobre 1250 con María de Lusignan, filla de Raúl II de Lusignan, señor de Issoudun, con quen tería dous nenos: Xoán II de Brienne (1250-1294), conde de EuM. A. Pollock, Scotland, England and France After the Loss of Normandy, 1204-1296, 252., e Branca de Brienne (falecida o 15 de xullo de 1309), abadesa de Maubuisson.

En 1265, foi en axuda do seu curmán Afonso X, rei de Castela, na súa loita contra os mouros do norte de África. Aí amosou moita valentía e defendeu con éxito os territorios cristiáns, o que valeu unha mensaxe de felicitación do papa Clemente IVLouis-Sébastien Le Nain de Tillemont, Vie de Saint Louis, Roi de France, 1848..

Acompañou logo a Lois IX de Francia durante a Oitava Cruzada, contraendo, do mesmo xeito que o rei, a disentería (ou a febre tifoidea), e morreu o 25 de agosto de 1270.

O seu corpo foi levado a Francia, onde foi enterrado na basílica de Saint-Denis.

Notas

Categoría:Finados en 1270 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Acre Categoría:Condes de Eu