Joaquín Míguez Barcia, nado en Pontevedra e finado en Ourense o 27 de febreiro de 1916,El Tea, 3-3-1916, p. 3. foi un xornalista galego.

Traxectoria

Estudou na Escola Industrial de Vigo. Emigrou a Buenos Aires en 1898. Despois residiu en Barcelona, militou no Partido Radical, participou na Semana Tráxica e estivo preso.La Correspondencia Gallega, 3-7-1912, p. 2. Retornado a Pontevedra, foi correspondente en Pontevedra de Noticiero de Vigo e director de La Tierra (1913). Tamén foi correspondente de Vida Gallega en Pontevedra. En setembro de 1913 marchou a Vigo para ocupar o posto de redactor xefe de Noticiero de Vigo.Progreso, 22-9-1913, p. 3. En 1914 aprobou as oposicións de Facenda e foi desinado a PalenciaNoticiero de Vigo, 13-6-1914, p. 1.. En decembro de 1914 pasou a Administración de Facenda de Ourense,Noticiero de Vigo, 1-12-1914, p. 1. onde morreu.

Vida persoal

Casou en Vigo con Gloria Pontanari Rodríguez en 1914.La Voz de la Verdad, 30-7-1914, p. 4.

Notas

Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Finados en 1916 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos