Sinorhizobium meliloti é unha bacteria gramnegativa que fixa o nitróxeno atmosférico. Establece unha relación simbiótica coas leguminosas dos xéneros Medicago, Melilotus e Trigonella, incluíndo a leguminosa modelo Medicago truncatula. Esta simbiose orixina un novo órgano na planta denominado nódulo radicular. A relación considérase simbiótica, xa que a bacteria deixa o exceso de nitróxeno fixado a disposición da planta. S. meliloti é móbil e posúe un grupo de flaxelos peritricos. O seu xenoma contén catro xenes que codifican a flaxelina, entre os que está fliC1C2–fliC3C4. O xenoma contén tres replicóns: un cromosoma (~3.7 megabases) e dous megaplásmidos pSymB (~1.7 megabases) e pSymA (~1.4 megabases). Secuenciáronse ata agora cinco xenomas de S. meliloti: Rm1021, AK83, BL225C, Rm41,The sequence hasn't been officially announced, but is available at NCBI: chromosome, pSymA, pSymB, and pRM41a. e SM11 e considérase que 1021 é o tipo silvestre.

A fixación do nitróxeno por S meliloti é interferida polo modificador plástico bisfenol A.

Simbiose esquerda|miniatura|128x128px|Nódulo indeterminado. A capacidade de simbiose de S. meliloti débese a xenes que están situados no megaplásmido pSymA. Unha vez que se infiltra no nódulo, a bacteria sofre unha nodulación indeterminada con plantas como as do xénero Medicago. Esta relación simbiótica non se comprende totalmente, xa que parece ser prexudicial para a bacteria porque cando está dentro dos nódulos radiculares diferénciase terminalmente en bacteroides e perde a capacidade de reproducirse independentemente no ambiente do solo.

A simbiose entre S. meliloti e as súas plantas hóspede empeza cando a planta segrega un conxunto de betaínas e flavonoides na rizosfera, como: 4,4′-dihidroxi-2′-metoxichalcona, crisoeriol, cinarosida, 4′,7-dihidroxiflavona, 6′′-O-malonilononina, liquiritixenina, luteolina, 3′,5-dimetoxiluteolina, 5-metoxiluteolina, medicarpina, staquidrina, e trigonelina. Estes compostos atraen S. meliloti á superficie dos pelos radicais da planta, onde as bacterias empezan a segregar o factor Nod.

Bacteriófagos miniatura|esquerda|Placas en S. meliloti causadas por ΦM12. Describíronse varios bacteriófagos que infectan Sinorhizobium meliloti,S A denominación sistemática dos bacteriófagos utilízase raramente na literatura científica, polo que varios fagos acaban por compartir un mesmo nome. Así, aínda que existe un fago de ARN chamado ΦM12, que infecta as enterobacterias, non é sinónimo do fago de ADN ΦM12 listqado aquí. O mesmo pode acontecer con outros fagos desta lista. Hai que indicar tamén que nesta lista hai dous fagos que foron nomeados independentemente como ΦM5. que son os seguintes: Φ1, Φ1A, Φ2A, Φ3A, Φ4 (=ΦNM8), Φ5t (=ΦNM3), Φ6 (=ΦNM4), Φ7 (=ΦNM9), Φ7a, Φ9 (=ΦCM2), and Φ11 (=ΦCM9), Φ12 (=ΦCM6), Φ13, Φ16, Φ16-3, The full genome of this phage is available at NCBI Φ16a, Φ16B, Φ27, Φ32, Φ36, Φ38, Φ43, Φ70, Φ72, Φ111, Φ143, Φ145, Φ147, Φ151, Φ152, Φ160, Φ161, Φ166, Φ2011, ΦA3, ΦA8, ΦA161, ΦAL1, ΦCM1, ΦCM3, ΦCM4, ΦCM5, ΦCM7, ΦCM8, ΦCM20, ΦCM21, ΦDF2, Φf2D, ΦF4, ΦFAR, ΦFM1, ΦK1, ΦL1, Note that this article was reprinted in Plant and Soil (1971) 35 (1): 63—66, which is where the URL and doi direct to. ΦL3, ΦL5, ΦL7, ΦL10, ΦL20, ΦL21, ΦL29, ΦL31, ΦL32, ΦL53, ΦL54, ΦL55, ΦL56, ΦL57, ΦL60, ΦL61, ΦL62, ΦLO0, ΦLS5B, ΦM1, ΦM1, ΦM1-5, ΦM2, ΦM3, ΦM4, ΦM5, ΦM5 (=ΦF20), ΦM5N1, ΦM6, ΦM7, ΦM8, ΦM9, ΦM10, ΦM11, ΦM11S, ΦM12, ΦM14, ΦM14S, ΦM19, ΦM20S, ΦM23S, ΦM26S, ΦM27S, ΦMl, ΦMM1C, ΦMM1H, ΦMP1, ΦMP2, ΦMP3, ΦMP4, ΦN2, ΦN3, ΦN4, ΦN9, ΦNM1, ΦNM2, ΦNM6, ΦNM7, ΦP6, ΦP10, ΦP33, ΦP45, ΦPBC5,This phage has never been formally reported in the scientific literature. However, the full genomic sequence has been uploaded to NCBI, available here. ΦRm108, ΦRmp26, ΦRmp36, ΦRmp38, ΦRmp46, ΦRmp50, ΦRmp52, ΦRmp61, ΦRmp64, ΦRmp67, ΦRmp79, ΦRmp80, ΦRmp85, ΦRmp86, ΦRmp88, ΦRmp90, ΦRmp145, ΦSP, ΦSSSS304, ΦSSSS305, ΦSSSS307, ΦSSSS308, e ΦT1. Destes foron secuenciados ΦM5, ΦM12, Φ16-3Φ16-3 Complete Genome e ΦPBC5.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sinorhizobium meliloti Genome Project Sinorhizobium meliloti 1021 Genome Page

Bibliografía

Categoría:Organismos modelo Categoría:Rhizobiales