, nado en Pequín o 23 de xuño de 1963, é un escritor chinés de ciencia ficción, gañador nove veces do premio Galaxy e unha vez do premio Xingyun (o máximo galardón en chinés para as novelas de fantasía e ciencia ficción). Autor moi prolífico, está considerado como un dos máis recoñecidos escritores do xénero na China.Qué hay más allá por Chitralekha Basu e Guo Shuhan, China Daily Antes de gañar fama como escritor, traballaba como enxeñeiro nunha central eléctrica en Yangquan, na provincia de Shanxi. Liu creou un novo tema clásico na ciencia ficción chinesa, e os seus escritos están enfocados principalmente no rol da China nun mundo futuro.Liu Cixin y la ciencia ficción neoclásica por YAN Wu, XIAO Qing-fang, Journal of Hunan University of Science and Engineering,2006-02Ciencia ficción en China por Wu Yan con Janice Bogstad e Wang Pengfei

Obras

A era da supernova (《超新星纪元》, 1999) Mestre rural (《乡村教师》, 2001) Esfera de luz (《球状闪电》, 2004) Triloxía do tres corpos O problema do tres corpos (《三体》, 2007). Edicións B, 2016. O bosque escuro (《黑暗森林》, 2008). Edicións B, 2017. O fin da morte (《死神永生》, 2010). Edicións B, 2018.

Triloxía do tres corpos Na súa triloxía do tres corpos, Liu presenta a personaxes chineses en primeira liña nos contactos e guerras seculares contra unha civilización alieníxena. Imaxina civilizacións dispersas por toda a galaxia cun esquema de lei da xungla, aínda que a distancia entre civilizacións prevén contra encontros indeseados, e coa crenza de que todo contacto é un risco máis ca unha oportunidade: as civilizacións ocultan a súa localización, e atacan a calquera que expón a súa posición e ven en inferioridade.

No primeiro libro, unha científica chinesa que sofre depresión envía unha mensaxe a un planeta nun sistema estelar triplo durante a Revolución Cultural. Trinta anos despois, outro científico descobre de novo unha civilización no planeta, que sofre efectos negativos por causa do tres soles. A civilización despachou unha frota de naves para conquistar a terra, cuxa chegada se prevé en catro séculos.

Existe unha tradución ao inglés, ao portugués e ao español da triloxíaExtracto de esfera luminosa tradución de Joel Martinsen mais non ao galego polo de agora.

Premios Premio Galaxy (China) a escritor de ciencia ficción. Premio Nébula da World Chinese Science Fiction Association (Xingyun Jiang 星云奖) ó mellor escritor.Xingyun Jiang . Premio Hugo á mellor novela en 2015 pola súa novela O problema dos tres corpos. Premio Locus á mellor novela de ciencia ficción en 2017 pola súa novela O fin da morte. Así mesmo coa citada novela foi nomeado ao Premio Hugo en 2017.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Liu Cixin () Perfil e bibliografía de Liu Cixin en The Encyclopedia of Science Fiction () http://www.isfdb.org/cgi-bin/ea.cgi?Cixin_Liu en Internet Speculative Fiction Database (en inglés). Bibliografía de Cixin Liu en Fantastic Fiction () Bibliografía en español de Liu Cixin na Terceira Fundación Ficción online de Cixin Liu en Free Speculative Fiction Online () 刘慈欣 (La literatura china traducida en España)

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Pequín Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores en lingua chinesa