Emma Calderón y de Gálvez, nada en San Fernando (provincia de Cádiz), foi unha xornalista, mestra e escritora española.

Traxectoria Filla de mariño, residiu en Ferrol desde nena pola profesión de seu pai, e despois regresou a vivir a Cádiz, onde xa residía en 1913. Foi mestra, e publicou poemas e artigos en prensa, entre eles un texto defendendo a entrada de Emilia Pardo Bazán na Real Academia Española. Tras a morte de Nicomedes Ferrari, con quen tiña amizade, pasou a dirixir o periódico El Anunciador de Xibraltar. Emma Calderón y de Gálvez, no blog A los poetas andaluces, 2/7/2013 .

Publicou tamén en Ilustración Gallega,Textos da autora en Ilustración Gallega , na páxina web da Real Academia Galega. Diario de Cádiz, Diana, Arco Iris, El Último, Cádiz Gráfica, La Alhambra, La Isla, El Heraldo, El Éxito, Alma Latina e Bromas y Veras. ISBN 9788447205606.

Foi membro da Academia Hispanoamericana de Cádiz, e en 1911 foi elixida socia de honra da Asociación da Prensa de Cádiz. Intercambiou correspondencia, entre outros, con Xesús Rodríguez López. (ed.) (2016): Epistolario a/de Xesús Rodríguez López. Concello de Lugo. ISBN 9788492895274.

Segundo Carmen Ramírez Gómez (2000) empregou o pseudónimo de Narciso del Prado, nome que a maioría das fontes atribúen a outra escritora coetánea: Paulina Ibarra Blasco.

Obras ¡Por su moreniya! (1913, conto). Poesía y prosa (Madrid, 1914). Sobre las cumbres (1920; contos) Entre gavilanes (folletín) Lucha (folletín) Manjar de Dios (folletín) Solera (folletín)

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

ISBN 84-7786-000-0.

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en San Fernando Categoría:Profesores de España Categoría:Xornalistas de Andalucía Categoría:Poetas de España Categoría:Escritores en lingua castelá