Domingo Carvallo González, nado en Lugo en 1897 e finado en Madrid o 12 de maio de 1980, foi un militar e filósofo galego.

Traxectoria

Fillo de Esteban Carvallo de Cora. Estudou o Bacharelato no Instituto de Lugo. Ingresou na Academia de Infantaría de Toledo en 1912. Estivo destinado en Ferrol, Vigo e no Rexemento de Zamora de Lugo en 1924. Ingresou no corpo de Carabineiros e foi nomeado Inspector de Abastecemento da provincia de Lugo.El Regional, 14-7-1924, p. 3 En Lugo foi redactor de revista Ronsel,El Pueblo Gallego, 13-3-1924, p. 1 aínda que non chegou a publicar nada. En 1927 foi destinado a Puertollano. Discípulo de Ortega y Gasset, en 1928, sendo tenente, pediu excedencia para acompañar a Xavier Zubiri como bolseiro da casa de Alba a Friburgo. Na Universidade de Friburgo fíxose discípulo de Husserl e trabou amizade con Heidegger. Ao seu regreso en 1930 foi destinado á comandancia de NavarraEl Regional, 10-3-1930, p. 2. e durante a República a Puigcerdà como capitán de Carabineiros. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido no Pireneo navarro e encerrado no forte de San Cristóbal, por ler libros sospeitosos en alemán. De alí sacouno Fermin Yzurdiaga, facendo constar que volveu a Friburgo a seguir a Heidegger.Lain Entralgo, Descargo de conciencia, p. 189-190. Foi profesor da Universidade de Friburgo nos anos cincuenta."María Luisa Dafonte, musa coruñesa de Romero de Torres, fue anfitriona de Heidegger en Friburgo", La Voz de Galicia, 14 -7-1987, p. 64, 59.

Colaborou con Celestino Fernández de la Vega na tradución de Da esencia da verdade de Heidegger,La Noche, 18-2-1950, p. 5. editado por Galaxia en 1956, en castelán e galego, cunha unha carta-prólogo do filósofo alemán. Publicou Y sobre la superación de la metafísica en 1966, en edición de autor, e en 1973 La estructura óntica con prefacio de Werner Heisenberg (que xa aparecera en alemán en 1962). En 1975 publicou o opúsculo Física cuántica. Religión e dous anos despois a novela Don Pepo.

Morreu en Madrid con 83 anos.Necrolóxica en ABC, 20-5-1980, p. 92. As súas cinzas foron lanzadas na Cidade Universitaria.

Vida persoal

Casou en 1931 con María Luisa Dafonte Sánchez, filla de Marcelino Dafonte Bermúdez. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en galegos.info As dúas paixóns de Domingo Carballo

Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Militares de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1980

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes