O Pazo de Amarante de Santiago de Compostela é un edificio civil barroco do século XVIII, composto de soto e tres plantas, na rúa Algalia de Abaixo da capital de Galicia.

Historia Foi sede do Ateneo León XIII. Antón Fraguas Fraguas, xunto co crego Ramón Davila García, creou nel a Academia Menéndez y Pelayo. Despois albergaría, durante anos, os xulgados e hoxe alberga o Consello Económico e Social de Galicia e o Consello Consultivo de Galicia.

Véxase tamén Bibliografía , Alfredo de la (2016). Paseando por Santiago y alrededores. p. 96. Chiado. ISBN 978-989-51-7018-0 . Outros artigos Pazos de Galicia Ligazóns externas Santiago Turismo Concello de Santiago de Compostela. Pazo de Amarante en turismo.gal. Xunta de Galicia. Consello Consultivo de Galicia Sede.

Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela Amarante Categoría:Santiago de Compostela sen imaxes