Juan Zunzunegui Guimeráns, nado en Vigo o 31 de marzo de 1976, é un ex-remeiro e adestrador galego.Entrada “Zunzunegui Guimeráns, Juan” na GEG. Participou en dous Xogos Olímpicos (Sydney 2000 e Atenas 2004), logrando un diploma olímpico.

Traxectoria Comezou no remo ós 12 anos e especializouse na modalidade de scull lixeiro. Formou parte do Real Club Náutico de Vigo, e en 1995 foi subcampión do mundo sub-23 no catro scull, e quinto no Mundial absoluto. En 1996 acudiu aos Xogos Olímpicos de Atlanta como suplente do equipo español de catro sen temoneiro. A continuación foi campión de España de dous sen temoneiro e en 1998 acadou o quinto posto na proba do Mundo de Múnic e o sexto posto no Campionato do mundo de Colonia na categoría de catro sen lixeiro. miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Participou nos Xogos Olímpicos de Sidnei no ano 2000, acabando en noveno lugar na categoría de dobre scull lixeiro, xunto a Rubén Álvarez. Nese mesmo ano gañou a medalla de bronce do Campionato do Mundo en Zagreb na categoría de catro scull lixeiro.

No ano 2001 conseguiu unha nova medalla de bronce nos Xogos Mediterráneos de Tunes na categoría de dobre scull lixeiro. Participou tamén na clase de dobre scull lixeiro nos campionatos mundiais de Sevilla, en 2002, e Milán, en 2003, acadando nos dous o sétimo posto. En 2003 conseguiu o primeiro posto da Regata Internacional de Essen. Ó ano seguinte participou nos Xogos Olímpicos de Atenas, obtendo a oitava praza en dobre scull lixeiro e con ela un diploma olímpico. Obtivo tamén o subcampionato do Mundo na categoría de skiff peso lixeiro celebrado en Eton.

Dende o ano 2000 compite no Campionato de España de Remoergómetro, que gañou en sete ocasións. Ademais dende 2014 adestra o Club de Remo Zierbena.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Datos do remeiro no sitio web da Federación Internacional de Remo .

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1976 Categoría:Remeiros olímpicos de Galicia Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Adestradores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes