Luis Barragán, nado en Guadalaxara o 9 de marzo do 1902 e finado na Cidade de México o 22 de novembro de 1988, foi un dos máis importantes arquitectos mexicanos do século XX.
Traxectoria Graduouse coma enxeñeiro na Escola Libre de Enxeñeiros no ano 1923, sendo logo un arquitecto autodidacta. Despois da graduación, viaxou por España, Francia (onde coñeceu a obra de Le Corbusier) e Marrocos. Proxectou en Guadalajara, dende o 1927 até o 1936, e na Cidade de México despois. No 1945 creou o planeamento urbanístico de Pedregal de San Ángel, e no 1955 reconstruíu o histórico convento das Capuchinas Sacramentarias en Tlalpan, ámbolos dous situados no sur da Cidade de México. No 1957 comezou o deseño do que se convertería nas Naucalpan's Satelite Towers, e no mesmo ano deseñou o complexo residencial Las Arboledas. No ano 1964 deseñou o complexo Lomas Verdes, preto da zona do Satélite, no Naucalpan, Estado de México.
No ano 1980, converteuse no segundo gañador do Premio Pritzker.
Véxase tamén
Ligazóns externas Fundación Barragán Barragán na Web dos Pritzker
Categoría:Arquitectos de México do século XX Categoría:Premio Pritzker Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en Guadalaxara, México Categoría:Finados por párkinson