Thomas Clark Oden (Altus, 21 de outubro de 1931 - Warr Acres, Oklahoma, 8 de decembro de 2016) foi un teólogo metodista estadounidense. É considerado o fundador da paleo-ortodoxia e un dos máis importantes teólogos do séc. XX e do principio do séc. XXI. Foi profesor de Teologia e Ética na Drew University, en Nova Jersey, de 1980 a 2004, cando se retirou.

Traxectoria

Oden naceu en Altus no Oklahoma, fillo dun avogado e dunha profesora de música. Cando tiña dez anos, a súa familia mudouse para Oklahoma City. Na súa xuventude, pensou en seguir dúas vocacións, avogado ou pastor metodista. Despois da segunda guerra mundial regresou a Altus e á escola secundaria local. Estudou despois na Universidade de Oklahoma, onde obtivo o Bacharelato en Artes, en 1953, na Universidade Metodista Meridional, onde obtivo o bacharelato relixioso, en 1956, e o máster en artes, en 1958, e na Universidade Yale, onde finalizou o doutoramento en 1960.Reversed Thunder: A Tribute to Thomas C. Oden (1931-2016), Christianity Today, 13 de decembro de 2016 (inglés)

Orixinalmente un liberal en Teoloxía, volveuse para a patrística no inicio da década de 1970, e descubriu o que describiu como "ecumenismo da ortodoxia": a interpretación do Novo Testamento e da doutrina apostólica como é universalmente aceptada.

Oden tornouse un defensor da paleo-ortodoxia, unha interpretación teolóxica que asenta moitas veces nas fontes patrísticas. Publicou unha serie de libros que dixo que serían instrumentos para a promoción do "cristianismo clásico".

Oden estivo activo no Movemento Confessional, sobre todo na Igrexa Metodista Unida, a súa denominación, e serviu no cadro do Instituto sobre Relixión e Democracia.

Obras A seguinte lista é exclusiva só aos seus libros.Biografia de Thomas C. Oden (Inglés)

The Crisis of the World and the Word of God, 1962 Radical Obedience: The Ethics of Rudolf Bultmann, 1964 The Community of Celebration, 1964 Kerygma and Counseling, 1966 Contemporary Theology and Psychotherapy, 1967 The Structure of Awareness, 1969, 1978 The Promise of Barth, 1969 Beyond Revolution, 1970 The Intensive Group Experience, 1972 After Therapy What?, 1974 Game Free: the Meaning of Intimacy, 1974 Should Treatment Be Terminated?, 1976 TAG: The Transanctional Game, 1976 Parables of Kierkegaard, 1978 Agenda for Theology, 1979, reeditado como After Modernity... What?, 1992 Guilt Free, 1980 Pastoral Theology: Essentials of Ministry, 1983 Care of Souls in the Classic Tradition, 1984 Conscience and Dividends, 1985 Crisis Ministries, Vol 1, 1986, reeditado como Vol 4, 1994 Becoming a Minister, Vol 1, 1986, 1994 The Living God, Systematic Theology, Vol 1, 1987, nova edición1992 Doctrinal Standards in the Wesleyan Tradition, 1988, 2008 Phoebe Palmer: Selected Writings, 1988 Ministry Through Word and Sacrament, Vol 4, 1988, nova edición, 1994 The Word of Life Systematic Theology, Vol 2, 1989, 1992, 1998 First and Second Timothy and Titus: Interpretation, 1989, 2012 Pastoral Counsel, Vol 3 Classical Pastoral Care Series, 1989, 1994 Life in the Spirit, Systematic Theology, Vol 3, 1992, 1994,1998 Two Worlds: Notes on the Death of Modernity in America and Russia, 1992 The Transforming Power of Grace, 1993 John Wesley's Scriptural Christianity: A Plain Exposition of His Teaching on Christian Doctrine, 1994 Corrective Love: The Power of Communion Discipline, 1995 Requiem: A Lament in Three Movements, 1995 The Justification Reader, 2002 The Rebirth of Orthodoxy: Signs of New Life in Christianity, 2003 One Faith: The Evangelical Consensus (escrito con J. I. Packer), 2004 The Humor of Kierkegaard: An Anthology, 2004 Turning Around the Mainline: How Renewal Movements Are Changing the Church, 2006 How Africa Shaped the Christian Mind, 2007, pb 2010 Good Works Reader, Classic Christian Reader Series, 2007 Classic Christianity: A Systematic Theology, 2009 In Search of Solitude: Living the Classic Christian Hours of Prayer, 2010 The African Memory of Mark: Reassessing Early Church Tradition, 2011 Early Libyan Christianity, 2011 John Wesley's Teachings

Vol 1: God and Providence, 2012 Vol 2: Christ and Salvation, 2012 Vol 3: Pastoral Theology, 2013 Vol 4: Ethics and Society, 2014

A Change of Heart: A Personal and Theological Memoir, 2014 Classical Pastoral Care serie, 1994

Vol 1: Becoming A Minister Vol 2: Ministry through Word and Sacrament Vol 3: Pastoral Counsel Vol 4: Crisis Ministries

Notas

Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Teólogos protestantes Categoría:Personalidades sen imaxes