Duolingo é unha plataforma de balde de ensino de linguas que inclúe unha páxina web e unha aplicación móbil e unha páxina web de aprendizaxe, así como un exame dixital de avalicación de nivel. En outubro de 2018, a páxina web e a aplicación contaban con 81 cursos en 37 linguas diferentes. A aplicación ten uns 300 millóns de usuarios rexistrados en todo o mundo.
Recoñecemento e galardóns No ano 2013, Apple escolleu Duolingo como a súa aplicación do iPhone do ano, a primeira vez que esta honra é concedida a unha aplicación educativa. Ademais, Duolingo gañou o premio á mellor startup educativa nos Crunchies de 2014, e foi a aplicación máis descargada da categoría educación app en Google Play nos anos 2013 e 2014. No ano 2015, Duolingo foi anunciada como a gañadora dun premio de Improve Life na categoría Play & Learning. No ano 2018, Duolingo foi nomeada na lista "Fast Company" de compañías máis innovadoras na lista "CNBC's Disruptor 50" e unha das compañías xenios segundo a revista TIME.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Aplicacións informáticas