Raphicerus melanotis é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos e tribo dos neotraguinos, pertencente ao xénero Raphicerus. Raphicerus mlanotis en MSW.Raphicerus melanotis (Thunberg, 1811) no ITIS.

Trátase dun antílope de pequeno tamaño, como todos os da tribo dos neotraguinos, (denominados antilopes ananos), tímido e solitario, endémico da parte máis meridional de Suráfrica, onde habita en chairas cubertas de mato, especialmente nas abas de outeiros.

É unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen cinco subespecies.Palmer, G., Birss, C., Kerley, G., Feely, J., Peinke, D. & Castley, G. (2017): Raphicerus melanotis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-1. Consultada o 31 de outubro de 2018.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1811 polo naturalista sueco Carl Peter Thunberg, un dos dezasete apóstolos de Linneo, en Mem. Acad. Imp. Sci. St. Petersbourg, 3: 312, baixo o nome de Antilope melanotis. Southern Grysbok. Raphicerus melanotis (Thunberg, 1811) en BioLib.

Controversia taxonómica Algúns autores, como Haltenorth, consideran a R. melanotis como unha subespecie de Raphicerus sharpei (Raphicerus sharpei melanotis). Ambas as especies están estreitamente relacionadas, e algúns considéranas conespecíficas.Hoffmann, M. and Wilson, V. J. (2013): "Raphicerus sharpei Sharpe's Grysbok". En: J. S. Kingdon and M. Hoffmann (eds), Mammals of Africa. Volume VI: Pigs, Hippopotamuses, Chevrotain, Giraffes, Deer and Bovids, Londres, Reino Unido: Bloomsbury Publishig. ISBN 978-1-4081-2257-0, pp. 308-310.

Nomes vulgares Na maioría dos idiomas modernos a especie coñécese como raficero do Cabo, grysbok ou grysbok do Cabo (coas particularidades propias de cada lingua).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Groves, Colin P. & Grubb, Peter (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Groves, Colin P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". En: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. Kingdon, Jonathan (1997): The Kingdon Field Guide to African Mammals. San Diego e Londres: Academic Press. ISBN 0-1240-8355-2, pp. 386–387. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. Vol II (6th ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9. Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Bóvidos Antílopes Antilopinos Neotraguinos Raphicerus

Ligazóns externas Raphicerus melanotis. Cape grysbok na ADW.

Categoría:Antílopes Categoría:Mamíferos de Suráfrica Categoría:Animais descritos en 1811