miniatura|300px|Localización da antiga Rexión de Caprivi en Namibia (hoxe de Zambeze), na parte leste da Franxa. A Franxa de Caprivi (en inglés Caprivi Strip; en alemán Caprivizipfel) é un estreito corredor terrestre en forma de mango de tixola de cerca de 450 km de lonxitude e largura media de 30 km,Caprivi Strip en wiki2.org. situado no nordeste de Namibia e que permite unir a Rexión de Caprivi co resto do territorio namibio.

Denomínase así na honra do conde Leo von Caprivi de Caprera de Montecuccoli, chanceler do Imperio alemán entre 1890 e 1894.

Historia

Antecedentes miniatura|220px|A Franxa de Caprivi prolonga Namibia até o río Zambeze. miniatura|A Franxa de Caprivi. A Faixa de Caprivi creouse polo Tratado de Helgoland-Zanzíbar asinado o 1 de xullo de 1890 entre o Imperio alemán e o Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda. O tratado permitía á colonia alemá da África Suroccidental Alemá (Deutsch-Südwestafrika), como entón era chamada Namibia, o acceso a un dos grandes ríos africanos, o Zambeze e, consecuentemente, ao océano Índico, onde se encontraba a outra colonia alemá, a da África Oriental Alemá (Deutsch-Ostafrika), hoxe a parte continental de Tanzania. Aínda que máis tarde, o río demostrou ser unha ruta inaccesíbel para o océano Índico, debido a que non é navegábel debido ás cataratas Victoria.

Este tratado tamén incluía unha cláusala pola que se cedía a Alemaña a illa de Helgoland, no mar do Norte.

No século XX A partir de 1972, a Franxa de Caprivi foomou parte do bantustán de Kavangoland e, en 1990, logo da independencia de Namibia, foi incluída en dúas das novas rexións de Kavango do Leste, ao oeste, e Zambeze, ao leste.

Durante a Guerra Civil de Rodesia do Sur (1970–1979) durante as operacións do Congreso Nacional Africano contra o goberno do apartheid en África do Sur (1965–1994), a rexion de Caprivi foi utilizada por diversos grupos armados.

Conflito de Caprivi

O conflito de Caprivi foi un conflito armado en Namibia entre o Exército de Liberación de Caprivi (ELC), un grupo rebelde que pretendía secesión da Franxa de Caprivi, e o goberno namibio. A súa principal acción ocorreu o 2 de agosto de 1999, cando o ELC lanzou un ataque en Katima Mulilo, ocupando a estación da radio estatal e atacando unha comisaría de policía, un posto fronteirizo en Wanella e unha base do exército.

As forzas armadas do goberno impediron a tentativa de secesión en poucos días.

Importancia A zona é rica en minerais, flora e fauna numerosa e variada, que inclúe grandes mamíferos, como elefantes, hienas, búfalos, antílopes e leopardos.

Nela sitúase o Parque nacional Nkasa Rupara, a maior extensión pantanosa protexida do país.

O acceso ao río Zambeze confírelle potencial para o establecemento de rutas comerciais até a África austral, pero as dificultades que impón o río, os rápidos e as cataratas, ademais da inestabilidade política, adiou o desenvolvemento económico e comercial da rexión.

Imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Caprivi Strip en wiki2.org .

Categoría:Namibia Categoría:Xeopolítica