Raphicerus sharpei é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos e tribo dos neotraguinos, pertencente ao xénero Raphicerus.Raphicerus sharpei en MSW.Raphicerus sharpei Thomas, 1897 no ITIS.

Trátase dun antílope de pequeno tamaño, como todos os da tribo dos neotraguinos, (denominados antilopes ananos), tímido e solitario, amplamente distribuído polas sabanas da África oriental e meridional, desde Tanzania até Namibia e Suráfrica.

Taxonomía Descrición A especie foi definida en 1896 polo zoólogo británico Oldfield Thomas, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1896: 796.

Controversia taxonómica A maioría dos autores consideran a Raphicerus sharpei como unha especie monotípica, é dicir, que non ten subespecies. Porén algúns consideran dentro dela a subespecie Raphicerus sharpei colonicus Thomas & Schwann, 1906, que, desde principios do século XXI, é considerada por outros, como Colin P. Groves, unha especie separada, denominada Raphicerus colonicus (Thomas & Schwann, 1906).Raphicerus colonicus Thomas & Schwann, 1906 en Sistemática dos bóvidos (Stefan Hintsche, 2014), en stco.de

Por outra parte, outros, como Haltenorth e Diller, considérana unha subespecie de Raphicerus melanotis, especie estreitamente relacionada que habita na rexión do Cabo Oriental, e algúns considérana conespecífica con ela.

Nomes vulgares Na maioría dos idiomas modernos a especie coñécese como raficero de Sharpe ou grysbobok de Sharpe (coas particularidades propias de cada lingua).

Características Aparencia xeral miniatura|235px|esquerda|Raphicerus sharpei femia

Moi semellante ao raficero común ou steenbok (Raphicerus campestris), pero menor ca el, ten unha pelaxe híspida, de coloración parda avermellada, mesturada de branca, o que lle dá un aspecto agrisado, especialmente ao longo dos flancos (nalgúns individuos mesmo se ven manchas de pelo branco). O fociño é pardo. Na cara presenta unha estreita raia superciliar branca. As orellas son grandes (como en todas as especies do xénero), pero menores que as do raficero do Cabo (Raphicerus melanotis) e as do raficero común, cubertas con pelos curtos. As partes inferiores son brancas. Os cornos (só presentes nos machos) son moi curtos (de 4 a 5,5 cm), cónicos, erguéndose verticalmente sobre a fronte. As femias son similares aos machos (pero sen cornos).

Dimensións A lonxitude da cabeza e tronco varía entre os 65 e os 75 sm; a cola é moi curta, de 5 a 8 cm, e a alzada (altura na cruz) é duns 51 cm. O peso oscila entre os 7 e os 12 kg.

Bioloxía Hábitat e distribución Habita principalmente en zonas de outeiros cerca dos kopjes rochosos con densos arbustos espiñentos e herba mesta. A súa área de dispersión vai desde as zonas occidentais e meridionais de Tanzania, até nordeste de Suráfrica (provincias de Limpopo e Mpumalanga) e o sueste de Eswatini, ocupando entre estes límites o sueste da República Democrática do Congo, Zambia (ao leste do río Zambeze), Malawi, Mozambique (agás nas rexións boscosas costeiras), o extremo nordeste de Botswana, o leste da Franxa de Caprivi en Namibia e gran parte de Zimbabwe.Hoffmann, M. and Wilson, V. J. (2013): "Raphicerus sharpei Sharpe's Grysbok". En: J. S. Kingdon and M. Hoffmann (eds), Mammals of Africa. Volume VI: Pigs, Hippopotamuses, Chevrotain, Giraffes, Deer and Bovids, London, UK: Bloomsbury Publishig. ISBN 978-1-4081-2257-0, pp. 308-310.

Alimentación En gran parte da súa área de distribución (Zimbabwe, Zambia e Tanzania) parece estar asociado co bosque de miombo (Brachystegia sp.), onde hai unha boa cobertura en forma de matogueiras de lento crecemento ou pastos con herbas de altura media. Aínda que parece estar asociado con áreas de boa cobertura do solo, Wilson (1975) rexistrou que tamén se encontra en terreos onde predomina o mopane (Colophospermum mopane) con moi pouca cobertura, no Parque Nacional Hwange (antigamente, Wankie Game Reserve),Wilson, V. J. (1975): Mammals of the Wankie National Park, Rhodesia. Salisbury: Trustees of the National Museums and Monuments of Rhodesia, nº 5. mentres que no Parque Nacional Chobe (Botswana) víronse espécimes nunha meseta de area nun bosque aberto con céspede claro e cuberta de mato. Os raficeros de Shrape son predominantemente comdores de ramallos, alimentándose de follas tenras e caules novos, pero tamén comen froitos e raíces, e pastan herba.

Costumes Viven solitarios, agás durante a época de celo. Nas calorosas horas centrais do día refúxianse nas espesuras densas, ou entre as grandes rochas, mesmo en vellos tobos abandonados que escavaran os porcos formigueiros.

Status A especie non ten ameazas importantes, aínda que fou eliminada dalgunhas das partes da súa antiga área de distribución pola proliferación de asentamentos humanos e a destrución do seu hábitat, é a caza para carne. Pero os seus hábitos discretos permítenlle soportar ben a presión da caza.East, R., recompilador (1999): African Antelope Database 1998. Gland, Switzerland and Cambridge, UK. IUCN.

Debido a que é unha especie común, a que a súa presenza está xeneralizada e a que non hai ameazas importantes que dean lugar a unha diminución significativa da súa poboación, e pouco probábel que o status do raficero de Sharpe cambie a longo prazo se continúa estando ben representado en áreas protexidas e en terreos privados. A tendencia da súa poboación es xeralmente estábel en áreas protexidas e en granxas privadas, aínda que diminúe gradualmente noutros lugares a medida que a presión da caza aumenta co crecemento dos asentamentos humanos. Por tdos iso, a especie está actualmente cualificada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza como LC (pouco preocupante).IUCN SSC Antelope Specialist Group (2016): Raphicerus sharpei na Lista vermella da UICN. Versión 2018-1. Consultada o 30 de outubro de 2018.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Groves, Colin P. & Grubb, Peter (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Groves, Colin P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". En: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. Vol II (6th ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9. Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Bóvidos Antílopes Antilopinos Neotraguinos Raphicerus

Ligazóns externas Raphicerus sharpei. Sharpe's grysbok na ADW.

Categoría:Antílopes Categoría:Mamíferos de África Categoría:Animais descritos en 1896