Pío Ramón Ojea, nado en Allariz o 29 de agosto de 1869 e finado en Ourense o 25 de agosto de 1943, foi un mestre, pedagogo e político galego.

Traxectoria Fillo de Eligio Ojea. Foi director do Colexio San José de Calasanz de Ourense (1905). Dirixiu o Boletín del Magisterio. Foi profesor auxiliar da Escola Normal de Mestres de Ourense dende 1911. Impartiu clases de Xeografía e foi secretario da Normal baixo a dirección de Emilio Amor Rolán. Foi concelleiro de Ourense polo Partido Liberal en 1917.El Ideal Gallego, 12-11-1917, p. 1. Finou en Ourense o 25 de agosto de 1943.La Región, 24-8-1947, p. 3.

Vida persoal Casou con Dolores Fernández Antelo e foi pai de Xosé Ramón Fernández-Oxea.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1943