Margarita Losada Pardo, nada en Vigo en 1883 e finada na mesma cidade o 16 de novembro de 1967,El Pueblo Gallego, 1-12-1967, p. 4. foi unha mestra, política e escritora galega.

Traxectoria Mestra de profesión. Militou en asociacións de carácter relixioso: pertenceu á catequese viguesa, deu clase na Escola Nocturna que mantiña a Igrexa, foi dirixente local de Acción Católica e presidiu Las Margaritas de Vigo, asociación vinculada co carlismo. En 1929 participou no congreso de Acción Católica de Barcelona cun relatorio sobre a unidade de acción entre as asociación integrantes da Acción Católica de la Mujer. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeada concelleira de Vigo xunto con Agustina Álvarez Rovina, tomando posesión o 18 de xaneiro de 1927.Las mujeres entran en la corporación municipal É autora de varias novelas.

Obras Por distinta senda, 1925. Ecos del pasado, 1925. De estirpe galiciana, 1933.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes