A Sociedad Deportiva Ejea é un club de fútbol español da localidade aragonesa de Ejea de los Caballeros, na provincia de Zaragoza. Fundouse en 1927 e compite na Segunda División B de España.

Historia O equipo foi fundado en 1927. Xogou en categorías rexionais ata que en 1956 ascendeu a Terceira División, chegando a ser campión en 1958 e disputando a fase de ascenso á Segunda División ante a Real Unión de Irún. Durante a década dos 70 enfrontouse no campionato ligueiro a equipos do talle de Real Valladolid, Salamanca, Osasuna, Tenerife, Getafe, Deportivo Alavés, Eibar ou Numancia.

Ao final da tempada 2017-18 logra o ascenso a Segunda División B ante o Cádiz B, eliminando ao Rayo Vallecano B e ao Tenerife B nas dúas primeiras roldas.

Estadio Desde agosto de 2010, a Sociedad Deportiva Ejea disputa os seus partidos como local no Estadio Municipal de Ejea, con capacidade para 2.249 espectadores sentados, dos cales 1305 áchanse baixo tribuna cuberta. O terreo ten unhas dimensións de 102 x 66 metros e é de céspede artificial.

Anteriormente xogaba os seus partidos no Estadio de Luchán, campo inaugurado o 8 de decembro de 1959 cun encontro entre a Sociedad Deportiva Ejea e o Real Zaragoza.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 1 (Incluída a 2018/19) Tempadas en 3ª: 44

Palmarés Torneos nacionais Terceira División de España (3): 1957-58, 2007-08 e 2011-12

Torneos rexionais Rexional Preferente de Aragón (5): 1969-70, 1971-72, 1978-79, 1983-84 e 2005-06 Subcampión da Rexional Preferente (3): 1994-95, 1999-00 e 2003-04

Torneos amigables Copa Primavera de Aragón (1): 1959 Subcampión do Campionato de Aragón de Afeccionados (1): 1957

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do club

Ejea Ejea