O gótico de Crimea foi un dialecto da lingua gótica falada polos godos crimeos nalgúns lugares illados da península de Crimea (territorio hoxe en día disputado entre Rusia e Ucraína) ata finais do século XVIII.
Testemuñas Todo o coñecemento desta lingua baséase nunha carta do século XVI do embaixador flamengo Ogier Ghiselin de Busbecq, quen enumera nunha lista unhas oitenta palabras e unha breve descrición da súa gramática. Gran parte do vocabulario citado por Busbecq é inconfundiblemente xermánico e foi recoñecido por el como tal. +Comparación do gótico de Crimea con outras linguas xermánicas e co galegoGótico de CrimeaInglésAlemánNeerlandésFeroésNorueguésGalegoapelappleApfelappelsúreplieplemazáhandahandHandhandhondhånd (Bokmål) / hand (Nynorsk)mánschuuestersisterSchwesterzus(ter)systirsøster (Bokmål) / syster (Nynorsk)irmáhushouseHaushuishúshuscasareghenrainRegenRegenregnregnchoivasinghensingsingenzingensyngjasynge (Bokmål) / syngja (Nynorsk)cantargeengogehengaangangagåir Busbecq tamén menciona un artigo definido, que rexistra como tho ou the. Esta variación pode indicar unha distinción de xénero ou unha alomorfia, a última das cales sería algo semellante ao inglés "the", pronunciada /ðə/ ou /ðiː/.
Extinción Os últimos falantes do gótico de Crimea pertencen a finais do século XVIII. En 1780, Stanisław Siestrzeńcewicz-Bohusz, un arcebispo de Mahilioŭ, visitou a costa sur de Crimea e Sebastopol. Segundo o seu relato, coñeceu a algúns tártaros que falaban unha lingua semellante ao baixo alemán; isto era probablemente unha forma do gótico de Crimea.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lingua gótica
Categoría:Lingua gótica Categoría:Linguas xermánicas Categoría:Crimea Categoría:Linguas mortas de Europa