O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de España é un departamento ministerial da XII Lexislatura, creado na presidencia de Pedro Sánchez, con competencias en ciencia, I+D+i e universidades. A súa titular é Diana Morant.
Historia Os ministerios de ciencia foron unha constante nos diferentes gobernos de España, se ben dependendo do partido no Goberno este adquiría autonomía propia ou fusionábase con outros. Desde a moción de censura contra Mariano Rajoy, e a chegada de Pedro Sánchez á presidencia, este recuperou a autonomía do ministerio. A partir de 2020, deu lugar a dous ministerios diferenciados: Ministerio de Ciencia e Innovación, e Ministerio de Universidades.
Funcións Segundo o Real Decreto 355/2018, de 6 de xuño, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, corresponde ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a proposta e execución da política do Goberno en materia de Universidades, investigación científica, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en todos os sectores.
En particular, corresponderá ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades o exercicio das competencias de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en materia espacial, incluídas a representación e a participación nos organismos da Unión Europea e Internacionais.
Estrutura Esta Secretaría de Estado dispoñía como único órgano superior: A Secretaría de Estado de Universidades, Investigación, Desarrollo e Innovación. A Secretaría Xeral de Universidades. A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. A Subdirección Xeral de Coordinación e Relacións Institucionais. A Secretaría Xeral de Coordinación de Política Científica. A Subdirección Xeral de Internacionalización da Ciencia e a Innovación. A Subdirección Xeral de Coordinación dos Organismos Públicos de Investigación. A Subdirección Xeral de Grandes Instalacións Científico-Técnicas. A Subsecretaría de Ciencia, Innovación e Universidades. A Secretaría Xeral Técnica. A Subdirección Xeral de Xestión Económica. A Subdirección Xeral de Persoal e Inspección de Servizos. A Oficina Presupuestaria.
Organismos adscritos Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación. Colexio de España en París. Comité Español de Ética da Investigación. Conferencia Xeral de Política Universitaria. Consello Asesor de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. Consello de Estudiantes Universitario do Estado. Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación. Consello de Universidades. Servizo Español para a Internacionalización da Educación. Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Universidade Nacional de Educación a Distancia.
Notas
Categoría:Ministerios de España