O río Berg (tamén chamado gran río Berg ou en afrikaans: Bergrivier) é un río que se atopa ó norte de Cidade do Cabo na Provincia de Cabo Occidental, en Suráfrica. Ten arredor de 294 km de longo cunha conca fluvial de 7,715 km² e desemboca no océano Atlántico. Preto do 65% da área do río Berg está destinada á agricultura. As principais vilas na área do río Berg son Velddrif e Laaiplek preto da costa, Piketberg, Hopefield, Moorreesburg e Darling máis no interior, e Wellington e Paarl na conca superior. A fonte principal do río Berg atópase ó sur de Franschhoek, nas montañas Drakenstein.
Véxase tamén Outros artigos Crise da auga en Cidade do Cabo
Categoría:Ríos de Suráfrica