Katherine Neville, nada en St. Louis (Missouri) o 4 de abril de 1945, é unha escritora estadounidense, coñecida principalmente pola súa novela The Eight, que foi un éxito de vendas mundial, ratificado máis tarde coa novela The Magic Circle.Conversa con Katherine Nevill

Traxectoria Durante anos traballou como vicepresidenta para o Banco de América. Despois traballou como asesora técnica de instalacións informáticasKatherine Neville Official Site - Biography, consultado o 31 de agosto de 2010. tanto para gobernos como para empresas privadas como IBM e Deutsche Bundesbank. Tamén traballou no ámbito dos transportes e no da enerxía, ademais de ser fotógrafa comercial, modelo e pintora.

A partir da década de 1980 converteuse nunha das novelistas máis lidas do mundo grazas á súa novela The Eight,Katherine Neville Official Site-The Books. Archived from the orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 24 de novembro de 2014 éxito que volveu acadar coa obra O círculo máxico. A Calculated Risk, a súa primeira novela, tamén experimentou un grande éxito grazas ao das dúas publicacións anteriores. En decembro de 2008 publicou a continuación de The Eight, titulada The Fire.

Obra Ano Título Notas 1988 The Eight 1992 A Calculated Risk 1998 The Magic Circle 2008 The Fire Secuela de The Eight

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en St. Louis, Missouri Categoría:Nados en 1945