Andrés Manuel López Obrador, nado en Tepetitán, Macuspana, Tabasco o 13 de novembro de 1953, coñecido comunmente como AMLO, é un político, politicólogo e escritor mexicano. É Presidente de México dende o 1 de decembro de 2018.
Foi candidato á presidencia de México nas eleccións federais en México de 2018 pola coalición «Xuntos Faremos Historia», conformada por Movemento Rexeneración Nacional (Morena), o Partido do Traballo (PT) e o Partido Encontro Social (PES). Tras presentarse os resultados preliminares da elección, é pronunciado como o gañador electoral co 53,19 % dos votos e asumiu a presidencia o 1 de decembro.
Durante a súa carreira política desempeñouse como presidente nacional do Partido da Revolución Democrática (PRD) de 1996 a 1999, Xefe de Goberno do Distrito Federal de 2000 a 2005, candidato á presidencia de México pola Coalición Polo Ben de Todos nas eleccións federais de 2006 e pola coalición Movemento Progresista nas eleccións de 2012.
Como Xefe de Goberno do Distrito Federal os seus niveis de aprobación son os máis altos rexistrados en devandita entidade, alcanzando avaliacións anuais de desempeño por enriba do 85% de aprobación dos cidadáns ademais nunha enquisa da fundación londiniense City Mayors nomeárono o segundo mellor alcalde do mundo.
Notas
Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados no estado de Tabasco Categoría:Políticos de México Categoría:Presidentes de México Categoría:Alumnos da Universidade Nacional Autónoma de México