Lido é unha cadea de restaurantes internacional centrada na gastronomía tradicional letoa, foi fundada no ano 1987 polo empresario Gunārs Ķirsons.

Historia e características Durante o período 1991-2012 Lido traballou como unha sociedade limitada, até dar o salto a mediados do ano 2012 a sociedade anónima. Ten a súa sede central na rúa Lāčplēša ielā 53, na cidade de Riga, desde onde se dirixen as actividades nacionais e internacionais onde teñen presenza, como en Alemaña, Estonia ou Belarús.

A maior das filiais pódese atopar nesa cidade, na rúa Krasta ielā 76, Rīgā, con capacidade para 1.000 comensais. Ese restaurante, aberto en 1999, conta cun parque temático anexo. Está considerado a cabana de leñas máis grande de Europa. A súa construción perseguía a ambientación folclórica nas casas máis tradicionais do país.

No ano 2005 a compañía estaba valorada en 18.3 millóns de lats.Lido

Notas

Categoría:Empresas de alimentación Categoría:Gastronomía de Letonia