A doncela, tamén chamado señorita ou xulia,VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega (Coris julis) é un peixe teleósteo da familia Labridae, da suborde dos Acantopterixioss, caracterizado polos dobres beizos carnosos que cobren as súas mandíbulas. É de forma oblonga, está revestido de escamas e a súa carne é bastante apreciada. Pódese atopar nos fondos de escasa profundidade no mar Mediterráneo, onde é moi común, e nas costas do leste do océano Atlántico, desde Escocia ata Gabón, incluíndo as costas das illas Canarias. Pode medir ata 25 cm de lonxitude, presenta unha coloración moi viva e, cando percibe perigo, ou durante a noite, entérrase na area.
Características A femia é máis pequena que o macho, con cores máis apagadas e menos brillantes, tendo o macho maduro unha banda lonxitudinal laranxa.
Notas
Véxase tamén
Julis