Os hidrofílidos (Hydrophilidae) son unha familia de escaravellos principalmente acuáticos. Os hidrofílidos acuáticos son notables polos seus longos palpos maxilares, que son máis longos que as súas antenas. Varias das antigas subfamilias de hidrofílidos foron recentemente elevadas á categoría de familia: Epimetopidae, Georissidae (= Georyssinae), Helophoridae, Hydrochidae e Spercheidae (= Sphaeridiinae).
Con raras excepcións, as larvas son predadoras, mentres que os adultos poden ser vexetarianos ou predadores ademais de preeiros. Moitas especies de hidrofílidos poden producir sons.Nissa Wilson, Michael B. Flinn, Brian West and James Hereford. Identification of Sound-Producing Hydrophilid Beetles (Coleoptera: Hydrophilidae) in Underwater Recordings Using Digital Signal Processing. The Coleopterists Bulletin, 69(2):305-315. The Coleopterists Society. doi URL: pdf
Hai 2 835 especies en 169 xéneros.Short & Fikáček, 2011: 85, táboa 1 (ver bibliografía) Algunhas especies do xénero Hydrophilus son consideradas pragas para os viveiros de peixes. Outras especies son voraces consumidores de larvas de mosquitos e teñen o potencial de funcionr como axentes para o control biolóxico.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Short, A. E. Z. Fikáček, M. 2011: World catalogue of the Hydrophiloidea (Coleoptera): additions and corrections II (2006–2010). Acta Entomologica Musei Nationalis Pragae, 51(1): 83-122.
Ligazóns externas
Categoría:Staphyliniformia