miniatura|Arvicola sapidus. A luria, tamén chamada leirón ou lirio (nomes que tamén designan o Elyomis quercinus) e rato de auga, (Arvicola sapidus) é unha especie de roedor da familia Cricetidae. É un gran cricétido anfibio de gran parte de Francia, España e Portugal, incluíndo Galicia. Aínda que historicamente era considerado un membro da mesma especie que Arvicola amphibius, Musser e Carleton (2005) consideran que son distintos. Está listado na Lista Vermella da IUCN como vulnerable debido a moitas das mesmas razóns que para a rata de auga setentrional.

Características Pesa entre 150 e 280 gramos e ten as orellas pequenas. O seu corpo mide entre 16 e 23 cm, a cola mide 12 cm por termo medio. A pelame é castaña escura sobre o dorso, e gris no ventre.

Alimentación É sobre todo herbívoro (fitófago) mais tamén pode comer algún animal acuático (insectos, crías de peixes, anfibios...).

Reprodución As femias poden parir ata cinco veces ao ano, aínda que o normal son dúas. A xestación dura 21 ou 22 días e adoitan ter de 2 a 7 crías por parto. A madurez sexual alcánzase nun pouco mís dun mes. A lonxevidade desta especie é de dous anos.

Distribución Esta especie está presente en Francia, España e Portugal. Trala ameaza da súa desaparición a curto prazo, empendéronse algúns esforzos para salvala, que foron desde campañas de información e sensibilización da xente a cambios nas obras públicas que afectan o seu hábitat e a conservación do seu hábitat.

Uso No delta do Ebro antigamente eran cazadas pola súa carne. Ao ser un roedor que se alimenta de cereais considerábase bo para comer.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Musser, G. G. and M. D. Carleton. 2005. Superfamily Muroidea. pp. 894–1531 in Mammal Species of the World a Taxonomic and Geographic Reference. D. E. Wilson and D. M. Reeder eds. Johns Hopkins University Press, Baltimore.

Ligazóns externas Descrición da especie en Proyecto Sierra de Baza Descrición da especie en Fauna y Flora Rastros de luria. No apartado de rastros de mamíferos do sitio Barbastella. A. sapidus en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico.

Categoría:Roedores Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Mamíferos de Europa Categoría:Animais descritos en 1908