miniatura|230px|17-acetato de medroxiproxesterona. O 17-acetato de medroxiproxesterona (tamén coñecido como acetato de medroxiproxesterona ou MPA, do inglés: medroxyprogesterone acetate, dispoñible baixo a marca comercial Depo Provera) é unha proxestina, unha variante sintética da hormona humana proxesterona. Utilízase como un anticonceptivo, en terapia de substitución hormonal e para o tratamento de endometriose como tamén varias outras indicacións. Tamén pode ser prescrita en terapias de substitución hormonal en transexuais home-a-muller.
O MPA é un derivado máis potente do seu proxenitor alcol medroxiproxesterona. Mentres que a medroxiproxesterona é algunhas veces usada como un sinónimo de 17-acetato de medroxiproxesterona, o que normalmente se administra é 17-acetato de medroxiproxesterona e non medroxiproxesterona.
Efecto A inxección esta deseñada para permanecer no corpo da muller por un lapso de 3 meses. Os activos da inxección inhiben no cerebro a actividade hormonal que estimula os ovarios para que liberen un ovo cada mes, de modo que non se dea o embarazo. As aplicacións deben ser precisas cada tres meses. Ó abandonar a inxección, a fertilidade recupérase rapidamente.
Seguridade A Depo-Provera é un dos métodos anticonceptivos hormonais máis efectivos, cunha seguridade de 99%, comparado ás pílulas orais e á ligadura de trompas.
Notas
Categoría:Esteroides