O cancro de ovario é un tumor maligno que nace en calquera das partes do ovario. O ovario é un órgano moi complexo que pode ser asento de numerosos tumores de moi distinto rango morfolóxico, algúns dos cales están dotados de función hormonal, o que xustifica a gran variedade de clasificacións. A localización máis frecuente é no epitelio que recobre o ovario. accessed from VU University medical center, Amsterdamhttp://dare.ubvu.vu.nl/handle/1871/9013 Tamén se desenvolve a partir das células xerminais ou do tecido conectivo arredor do ovario. http://www.cancerhelp.org.uk/type/ovarian-cancer/about/types-of-ovarian-cancer O risco de padecer cancro de ovario relaciónase directamente con anomalías nos xenes BRCA1 e BRCA2. Polo xeral, o cancro de ovario non produce síntomas. É por isto que a maioría dos casos detéctanse cando a doenza xa está avanzada e continuada, pero se se detecta en etapa temperá pode mellorar o prognóstico. http://umm.edu/health/medical/reports/articles/ovarian-cancer#ixzz31eipZAwD

Epidemioloxía Ten unha alta incidencia nos países industrializados de Europa Occidental, Israel, o Canadá e os Estados Unidos. É o sexto tumor maligno máis frecuente nas mulleres tralo de cancro de mama, intestino groso, pulmón, útero e linfomas.

Notas

Categoría:Oncoloxía